O Concello de Lugo acolle a presentación do número XI da revista lucense de creación poética Xistral

Venres, 19 de setembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Salón de Plenos acolleu esta tarde a presentación do número XI da Revista Lucense de Creación Poética Xistral, que estivo a cargo da Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e Camilo Gómez Torres, coordinador da publicación.

Este novo número conxuga novamente traballos de autores noveles e tamén doutros consolidados no panorama literario galego como Xosé Lois García, Manuel C. Matalobos,  Luz Pozo Garza ou Claudio Rodríguez Fer, entre outros.

A revista foi creada no ano 1949 por Manuel María e dela só sairon dous números. Por iniciativa do Concello recuperouse a cabeceira desta publicación anual no ano 2000 para continuar de xeito ininterrompido. É habitual neste tempo a presencia de distintos autores galegos, aínda que a presencia é máis notoria por parte dos lucenses.

Na presentación repartíronse exemplares gratuítos desta publicación que auna o traballo de 50 autores coas ilustracións de Miguel Anxo Macía.

Noticias relacionadas