O Concello aproba sacar a contratación a instalación do parque infantil na Praza da Milagrosa, coa que completa a humanización do espazo

Conta cun orzamento de licitación duns 25.600 euros e un prazo máximo para a execución de 30 días naturais. Serán un xogo múltiple accesible

Na sesión deste mércores deuse luz verde á licenza para a construción do novo CEIP Sagrado Corazón, consistente nos accesos, edificio docente e polideportivo. O presuposto é de 3.193.240,69€ e o prazo de execución de 24 meses

Xoves, 02 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno aprobou este mércores sacar a contratación a subministración e instalación dunha área de xogos infantís, con pavimento de seguridade, na Praza da Milagrosa; coa que o Concello completará a peonalización e humanización deste punto de encontro emblemático do barrio. Conta cun orzamento de licitación duns 25.600 euros e un prazo máximo para a execución de 30 días naturais.

Os traballos consisten, en primeiro lugar, na liimpeza e reparación de zapatas en puntos necesarios. Os xogos que terá estar área infantil serán o seguintes: un xogo múltiple con, ao menos, tobogán de aceiro inox, escaleira e platafomra de transferencia para acceso dende cadeira de rodas inclusiva. Dita zona de xogos contará cun pavimento continuo de seguridade e un valado de madeira tratada.

Así mesmo, na sesión deste mércores deuse luz verde á licenza para a construción do novo CEIP Sagrado Corazón, consistente nos accesos, edificio docente e polideportivo. O presuposto é de 3.193.240,69 euros e o prazo de execución de 24 meses. Tamén se concedeu licenza para obras de conservación e mantemento da Muralla.

Outros asuntos

Ademais, na reunión celebrada esta mañá adxudicouse o contrato do servizo de vixilancia no centro sociocultural do Vello Cárcere, á mercantil Seyvi Seguridad S.L., por un importe total de 101.649,32 euros e demais melloras laborais e salariais establecidas na súa oferta.

Tamén se acordou a actualización para o ano 2019 do IV Plan Estratéxico de concesión de Subvencións do Concello de Lugo, exclusivamente para a concesión de subvencións nominativas, cun total de 1.165.717,64 euros, para a seguintes áreas: deportes (631.500 euros), cultura (109.900 euros), muller (32.3620 euros), servizos socais (253.957,64 euros), medio ambiente (105.000 euros) e participación cidadá (33.000 euros). Entre outros asuntos, autorizouse a instalación dun posto de venda de xeados na Avenida Rodríguez Mourelo entre o 3 de maio e o 25 de setembro de 2019.

Audio

  • O edil Miguel Fernández, sobre os asuntos da Xunta de Goberno | Descargar mp3

Noticias relacionadas