O Autidorio Municipal Gustavo Freire, a ritmo de cabaré coa función musical "Hacemos un trío?"

Carmen Basadre, acompañada dos actores protagonistas, presentou o espectáculo, que terá lugar esta tarde, ás 21:30 horas

Os interesados poden adquirir a entrada dende as 20:30 horas nas instalacións do auditorio a un prezo de 15 euros

Venres, 28 de agosto de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Autidorio Municipal Gustavo Freire, a ritmo de cabaré coa función musical "Hacemos un trío?"

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada polos protagonistas do cabaré emocional Hacemos un trío?, Natalia Millán, Marta Valverde e Alberto Vázquez; presentaron esta venres no Salón de Plenos este musical, que acolle hoxe o Auditorio Municipal Gustavo Freire, a partir das 21:30 horas. As entradas poden adquirise a partir das 20:30 horas a un prezo de 15 euros nas mesmas instalacións do auditorio.

“Artistas como os aquí presentes, espectáculos de importante renome como Hacemos un trío? e Concello conseguimos converter ao auditorio Gustavo Freire na capitalidade cultural de Lugo, un espazo único capaz de dar cabida a todo tipo de actuacións, dende as máis vangardistas ás máis tradicionais”, destacou a edil.

Pola súa banda, os protagonistas do cabaré convidaron a todos os lugueses a asistir a este espectáculo, dirixido a todos os públicos, que conta cun repertorio de 15 cancións.

Hacemos un trío? chega a Lugo tras 3 anos de xira, converténdose a actuación desta noite no Gustavo Freire na última da Península, posto que para a semana o musical desprazarase ás illas Canarias. Trátase dun espectáculo musical de pequeno formato, de hora e media, que, en clave de humor, repasa os grandes musicais que pasaron por España dende a década dos 70, empregando como pretexto as propias vidas, carreiras e amizade dos protagonistas.

Noticias relacionadas