O Arde Lvcvs Cvltvral trae mañá unha nova Cata con Baco e o sábado un paseo distinto con Paulo Fabio e un obradoiro de escritura romana

Para participar en calquera destas actividades, que son de balde, é preciso inscribirse a través do 010 ou no teléfono 982297350 para os de fóra de Lugo

Dende este sábado, a Casa da Xuventude acollerá un taller para facer un traxe para os festexos do Arde Lvcvs, que terá lugar todos os sábados, ata xuño, de 10:30 a 13:30 horas

Mércores, 03 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Arde Lvcvs Cvltvral, a programación de actividades de inspiración romana e castrexa previas ao Arde Lvcvs, trae mañá xoves, 4 de abril, unha nova cata con Baco, o deus romano do viño. Impartida por Isabel Lozano Verdes, a partir das 20:00 horas no Vello Cárcere, esta é unha das actividades novidade no programa deste ano, que volverá celebrarse o 11 e o 25 de abril, á mesma hora, no mesmo espazo municipal.

Para o sábado, esta programación ten preparado un paseo distinto pola cidade con Paulo Fabio Máximo e o Libertus Javicus, a partir das 17:00 horas, dende o miliario da Praza de Armañá, cun percorrido pola Muralla. Este é o segundo dos 4 paseos que se realizarán ata xuño, continuando así con esta programación de visitas que se iniciou o pasado ano no marco do Arde Lvcvs Cvltvral.

Tamén en xornada de tarde o sábado, das 16:30 ás 20:30 horas, a asociación de recreación histórica Pax Romana ofrecerá un obradoiro de eescritura romana no Mercado Municipal.

Para participar en calquera destas actividades, que son de balde, é preciso inscribirse a través do 010 ou no teléfono 982297350 para os de fóra de Lugo.

Tamén, dende este sábado, a Casa da Xuventude acollerá un taller para facer un traxe para os festexos do Arde Lvcvs, que terá lugar todos os sábados, ata xuño, de 10:30 a 13:30 horas.

Ademais, na Sala de Exposicións de Porta Miñá aínda se pode visitar a exposición sobre a evolución da armatura do retiario.

Noticias relacionadas