A Muralla contempla, no seu XVII aniversario como Ben Mundial, o inicio da súa propia construcción

Venres, 01 de decembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
DSC_0669

A Muralla contemplou este venres o inicio da súa propia construcción cunha representación enmarcada dentro da programación organizada polo Concello para conmemorar o seu XVII aniversario como Ben Mundial. O acto, no que participaron activamente as 17 asociacións do Arde Lucus, arrincou cunha concentración na Praza Maior, onde a xonralista Tania Lombao presentou o contexto do evento. Posteriormente, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada pola Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, o Presidente da Deputación, Darío Campos, e outros membros da Corporación, puxo en valor a Muralla, "que compartimos co mundo dende o seu recoñecemento".

Posteriormente, as tropas romanas e as tribos castrexas achegáronse á zona da Mosquera, onde cada asociación colaborou coa fortificación de Lugo cunha ofrenda. Para rematar, houbo un desfile polo adarve da Muralla.

Multimedia

  • DSC_0668

Noticias relacionadas