Maite Ferreiro: “o San Froilán 2020 non será coma todos os anos, mais seguirá sendo a gran festa do outono galego”

A edil de Cultura compartiu na Comisión de Festas os avances realizados na organización da edición 2020 do San Froilán

“O cartaz da edición deste ano será escollido polas veciñas e veciños de Lugo e por un xurado experto”, afirmou Maite Ferreiro

Luns, 29 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
[noMaite Ferreiro: “o San Froilán 2020 non será coma todos os anos, mais seguirá sendo a gran festa do outono galego”

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, compartiu co resto de grupos municipais da corporación os avances realizados na organización do San Froilán 2020. Maite Ferreiro declarou que “este ano decidimos non renovar os pregos do Recinto Feiral nin das casetas do polbo, debido a tratarse de dúas zonas nas que se producen masificacións”. A edil de Cultura informou que “este ano realizarase unha programación distribuída polas distintas zonas da cidade, evitando grandes concentracións de xente e tendo sempre en conta as indicacións das autoridades sanitarias”.

“Debido a que a situación sanitaria pode ter grandes cambios en poucos días, desde a área de Cultura organizaremos as distintas actividades das festas con toda a flexibilidade que sexa posíbel”, afirmou Maite Ferreiro, que engadiu “será unha edición moi distinta ao que vimos vendo nos últimos anos, mais o San Froilán seguirá sendo a gran festa do outono galego”. Maite Ferreiro lembrou que “este ano o protagonismo das festas recaerá máis nas agrupacións lucenses”. A edil de Cultura declarou que “estamos a poñer todo o noso esforzo en organizar unhas festas nas que a seguridade das veciñas e veciños de Lugo e das traballadoras e traballadores sexan o máis importante dada a situación de emerxencia sanitaria que estamos a atravesar”.

Cartaz das festas

Maite Ferreiro informou que este ano se volverá convocar un concurso para escoller o cartaz das festas. Segundo Maite Ferreiro, “un xurado experto escollerá unha serie de finalistas, que pasarán a unha final na que a veciñanza de Lugo terá a última palabra”.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre a comisión de festas do San Froilán 2020 | Descargar mp3

Multimedia

  • Maite Ferreiro: “o San Froilán 2020 non será coma todos os anos, mais seguirá sendo a gran festa do outono galego”

Noticias relacionadas