A lista de admitidos na Escola Municipal de Música de Lugo para o curso 2014-2015 publícase mañá

Martes, 02 de setembro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, anuncia a publicación mañá, mércores día 3, da lista de admitidos na Escola Municipal de Música de Lugo para o curso 2014-2015.

A Escola Municipal de Música fará públicas, a partir de mañá, tanto as listas de admitidos en todas as materias, instrumentos e agrupacións, como a lista en reserva. Tamén se publicarán as opcións de horarios por materias.

A convocatoria para a elección de horarios está prevista para os días 10, mércores,  e 11, xoves, a partir das 16.00 horas, aínda que é necesario que cada alumno comprobe a hora exacta da convocatoria concreta que lle corresponde.

O comezo das clases correspondentes ó curso 2014-2015 na Escola Municipal de Música de Lugo terá lugar o luns día 15.

As listas e a información sobre horarios quedarán expostas, dende mañá, no taboleiro de anuncios da Escola, que ten a súa sede no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

Noticias relacionadas