Lara Méndez recibe aos Reis Magos na Casa Consistorial e dálles a benvida á cidade de Lugo

A rexedora, xunto con membros da Corporación Municipal, acompañou ás súas Maxestades de Oriente na recepción aos nenos e nenas lucenses no Salón de Plenos.

Venres, 05 de xaneiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez recibe aos Reis Magos na Casa Consistorial e dálles a benvida á cidade de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada de membros da Corporación Municipal, recibiu este venres na Casa Consistorial aos Reis Magos –Melchor, Gaspar e Baltasar–, tralo desfile polas rúas de Lugo, que deu comezo no Parque da Milagrosa e finalizou na Praza Maior.

Méndez deulles a benvida á cidade durante un encontro celebrado no Salón de Plenos do Concello, antes de que as súas maxestades de Oriente recibisen persoalmente aos nenos e nenas lucenses, quenes lles trasmitiron os seus desexos.

Previamente, a rexedora e os Reis Magos saudaron aos centos de veciños e veciñas que se achegaron ata a Praza Maior para ver e saudar a Melchor, Gaspar e Baltasar, nunha tarde-noite máxica para as crianzas lucenses. A alcaldesa agradeceu aos Reis o esforzo para chegar a todos os fogares e destacou o bo comportamento dos nenos e nenas da cidade.

Multimedia

  • Lara Méndez recibe aos Reis Magos na Casa Consistorial e dálles a benvida á cidade de Lugo
  • Lara Méndez recibe aos Reis Magos na Casa Consistorial e dálles a benvida á cidade de Lugo
  • Lara Méndez recibe aos Reis Magos na Casa Consistorial e dálles a benvida á cidade de Lugo

Noticias relacionadas