Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez recibe aos Reis Magos na Casa Consistorial e dálles a benvida á cidade de Lugo

Lara Méndez recibe aos Reis Magos na Casa Consistorial e dálles a benvida á cidade de Lugo

A rexedora, xunto con membros da Corporación Municipal, acompañou ás súas Maxestades de Oriente na recepción aos nenos e nenas lucenses no Salón de Plenos.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Benestar social,
    • Infancia
Venres, 05 de xaneiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez recibe aos Reis Magos na Casa Consistorial e dálles a benvida á cidade de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada de membros da Corporación Municipal, recibiu este venres na Casa Consistorial aos Reis Magos –Melchor, Gaspar e Baltasar–, tralo desfile polas rúas de Lugo, que deu comezo no Parque da Milagrosa e finalizou na Praza Maior.

Méndez deulles a benvida á cidade durante un encontro celebrado no Salón de Plenos do Concello, antes de que as súas maxestades de Oriente recibisen persoalmente aos nenos e nenas lucenses, quenes lles trasmitiron os seus desexos.

Previamente, a rexedora e os Reis Magos saudaron aos centos de veciños e veciñas que se achegaron ata a Praza Maior para ver e saudar a Melchor, Gaspar e Baltasar, nunha tarde-noite máxica para as crianzas lucenses. A alcaldesa agradeceu aos Reis o esforzo para chegar a todos os fogares e destacou o bo comportamento dos nenos e nenas da cidade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-recibe-aos-reis-magos-na-casa-consistorial-e-dalles-benvida-cidade-de-lugo