Lara Méndez escoita as propostas dos mozos e mozas que participan na actividade de humanización Proxecta-Cidade

O proxecto deu comezo o día 4 de xuño, pero a colaboración mantense aberta a novas incorporacións ao longo do proceso.
 
A mocidade interesada pode inscribirse a través da conta info@educohabitar.com.
 
A alcaldesa reflexionou sobre a futuro da cidade apuntando que “a cidadanía debe ser o motor da segunda transformación de Lugo”.

Xoves, 07 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez escoita as propostas dos mozos e mozas que participan na actividade de humanización Proxecta-Cidade

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o concelleiro de Xuventude e Deportes, Mauricio Repetto, visitaron no día de onte, aos mozos e mozas que están a participar no proxecto de co-deseño: Proxecta-Cidade, a través do cal poderán “ser partícipes desta segunda gran transformación de Lugo na que estamos a traballar para acadar un municipio máis confortable, sostible e con áreas de maior benestar” explicaba a rexedora.

O programa está coordinado pola arquitecta Elena Belgrano (EduCoHabitar), e no mesmo colabora Iago Eireos, coordinador de Espazo Lupa Arte.

No encontro, a mocidade trasladou, a súa visión sobre o estado da cidade en diferentes ámbitos. A pista deportiva do Sagrado Corazón, foi o lugar elixido para dar a coñecer as propostas relativas ás intervencións que levarán a cabo neste mes de xullo.

A alcaldesa reflexionou sobre a futuro da cidade apuntando que “o cidadán debe ser o motor da segunda transformación de Lugo, sendo moi importante chegar aos mozos e mozas dunha maneira diferente para que continúen involucrados na participación e por suposto, para darlles a oportunidade de atopar novos intereses".

Un dos aspectos que máis gustou aos e as mozas foi a proximidade da rexedora ao falarlles cara a cara escoitando a súa opinión. Para eles e elas “é moi importante que a súa voz sexa tida en conta para as melloras do municipio” sinalaba Belgrano, coordinadora do Programa.

A mocidade interesada pode inscribirse a través da conta info@educohabitar.com. O proxecto deu comezo o día 4 de xuño, pero a colaboración mantense aberta a novas incorporacións ao longo do proceso. As sesión teñen lugar os mércores, de 17:30 horas a 19.30 horas, e os sábados, de 11:00 horas a 14:00 horas.

A actividade socio-educativa está enmarcada na estratexia ‘+Xti’, que se desenvolve a través do Servizo de Prevención de Drogodependencias e outras adicións adscrita a Concellería de Xuventude. Un percorrido lúdico formativo baseado no desenvolvemento participativo dun proxecto de transformación e mellora da cidade a través da humanización da calidade do espazo público.

Noticias relacionadas