Lara Méndez e Miguel Fernández asisten á inauguración da tenda de Toys`R`Us, que creará 25 postos de traballo na cidade

Sábado, 04 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez e Miguel Fernández asisten á inauguración da tenda de Toys`R`Us, que creará 25 postos de traballo na cidade

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Voceiro Municipal, Miguel Fernández, asistiron este sábado, no Centro Comercial As Termas, á apertura da tenda Toys`R`Us, que conta cunha sala de vendas de 800 metros cadrados, na que se comercializarán uns 3.600 artigos. Trátase do terceiro establecemento desta cadena en Galicia, tras o da Coruña e Vigo, e a tenda número 53 desta multinacional en España. Ao acto tamén asistiu o director xeral desta marca, Jean Charretteur. Neste novo establecemento crearanse 25 postos de traballo.

Noticias relacionadas