Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez e Miguel Fernández asisten á inauguración da tenda de Toys`R`Us, que creará 25 postos de traballo na cidade

Lara Méndez e Miguel Fernández asisten á inauguración da tenda de Toys`R`Us, que creará 25 postos de traballo na cidade

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Comercio
Sábado, 04 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez e Miguel Fernández asisten á inauguración da tenda de Toys`R`Us, que creará 25 postos de traballo na cidade

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Voceiro Municipal, Miguel Fernández, asistiron este sábado, no Centro Comercial As Termas, á apertura da tenda Toys`R`Us, que conta cunha sala de vendas de 800 metros cadrados, na que se comercializarán uns 3.600 artigos. Trátase do terceiro establecemento desta cadena en Galicia, tras o da Coruña e Vigo, e a tenda número 53 desta multinacional en España. Ao acto tamén asistiu o director xeral desta marca, Jean Charretteur. Neste novo establecemento crearanse 25 postos de traballo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-e-miguel-fernandez-asisten-inauguracion-da-tenda-de-toysrus-que-creara-25-postos