Lara Méndez avanza na transformación da rúa Esquecemento para convertela nunha icona da arte urbana a través da inclusión social

O Concello de Lugo acada o pintado de todas as fachadas desta vía cun segundo programa no que prestixiosos artistas forman á mocidade de colectivos vulnerables.

A alcaldesa sostén que será un novo punto emblemático da cidade a nivel internacional pola súa simboloxía, “como foi o graffiti do noso pasado romano, obra de Diego As”.

Mozos e mozas participarán no proceso creativo dos novos murais, “polo que aprenden tamén a amar a cidade e a coidala xa que forman parta da súa modernización”.

Venres, 03 de decembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez avanza na transformación da rúa Esquecemento para convertela nunha icona da arte urbana a través da inclusión social

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, coñecía hoxe os avances dos graffiti que se están a executar na rúa Esquecemento, “que a converterán nunha icona da mellor arte urbana de Lugo porque non só embeleceremos todas as fachadas desta vía, senón que o estamos a facer a través dun programa de formación para mozos e mozas en risco de exclusión social”, sostivo.

“Ao igual que conseguimos pór de novo a Lugo no mapa internacional da arte urbana co graffiti de Diego As que lembra o noso pasado romano, estamos seguros de que está rúa será tamén un referente e un emblema”, asegurou a rexedora.

O proceso de transformación desta rúa comezou coa súa peonalización, que foi solicitada pola veciñanza da zona dentro do proceso de participación cidadá posto en marcha polo programa Muramiñae Rehabilita, que innovou xa coa pavimentación con formigón impreso con estética de madeira e que acolleu un dos primeiros parklet que se están a instalar na cidade. “Con esta actuación gañamos novos espazos diferentes acolledores para o lecer e para a socialización da cidadanía libres de coches”, sostivo Lara Méndez.

A rexedora elixiu tamén este espazo para iniciar un programa de talleres inclusivos de graffiti, no que participan mozos e mozas de colectivos vulnerables, co obxectivo de “xerar un punto de encontro entre eles e artistas plásticos de recoñecido prestixio da cidade. Así toman  contacto coa arte urbana para formarse, e ademais lles damos a oportunidade de participar no proceso creativo de diferentes murais, polo que aprenden tamén a amar a cidade e a coidala xa que forman parta da súa transformación e modernización”, incidiu.

O primeiro obradoiro desenvolveuse a través do programa Urban Cores, e só incluía a contorna do parklet, pero o éxito foi tal que a veciñanza comezou a ceder máis paredes das súas propiedade na mesma rúa para que se amplíen os murais, razón pola que agora o Concello lle da continuidade ao proceso co novo programa ‘Arte Urbano Inclusivo Muramiñae’. O mesmo, cun importe de 9.976 euros, está financiado ao igual que a peonalización, na que se investiron 50.000 euros, a través da estratexia DUSI, na que o 80% son Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea e o 20% municipais.

A rexedora, acompañada da concelleira de Desenvovemento Local e Emprego, Ana González Aballeira, coñeceron o avance dos murais da man do artista Manuel Andrés Pallín Castro que, xunto a Marcos Pereira (integrantes ámbolos dous de Concepto Circo) e Diego As sonos formadores que guiarán e instruirán activamente á mocidade nesta arte de pintura con aerosol, concienciando ademais sobre o seu correcto uso e poñendo a proba as súas capacidades artísticas.

O Concello espera que a rúa amose a seu novo aspecto antes das festas de Nadal.

Audio

  • A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a transformación da Rúa do Esquecemento | Descargar mp3

Multimedia

  • Lara Méndez avanza na transformación da rúa Esquecemento para convertela nunha icona da arte urbana a través da inclusión social
  • Lara Méndez avanza na transformación da rúa Esquecemento para convertela nunha icona da arte urbana a través da inclusión social
  • Lara Méndez avanza na transformación da rúa Esquecemento para convertela nunha icona da arte urbana a través da inclusión social
  • Lara Méndez avanza na transformación da rúa Esquecemento para convertela nunha icona da arte urbana a través da inclusión social

Noticias relacionadas