Entra en servizo a iluminación pública de Perpetuo Socorro

Venres, 05 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello pon en servizo esta noite a iluminación pública da rúa Perpetuo Socorro, que une a rúa Otero Pedrayo coa Avenida da Coruña. En concreto, instalou 7 novas luminarias, que ofrecerán mellor nivel de iluminación á veciñanza da contorna. Con esta intervención de instalación de novos puntos de luz, a entidade local garante as boas condicións dun servizo público, como é a iluminación, e mellora a calidade de vida e o benestar dos veciños e veciñas.

Audio

  • O edil Manuel Núñez, sobre a iluminación pública de Perpetuo Socorro | Descargar mp3

Noticias relacionadas