Deportes renova o peche perimetral das pistas da praza Viana do Castelo para garantir a seguridade da contorna

Martes, 03 de outubro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Deportes renova o peche perimetral das pistas da praza Viana do Castelo para garantir a seguridade da contorna

O executivo de Lara Méndez, a través da concellería de Deportes que dirixe Jorge Bustos, renovou o peche das pistas deportivas da praza Viana do Castelo. Os traballos, que responden a unha demanda veciñal, teñen por obxectivo garantir a seguridade da contorna.  Deste xeito, a mocidade poderá seguir gozando da instalación con todas as garantías e se minimiza o risco de que un balón poida xerar perigo entre as persoas viandantes ou os vehículos que transitan pola zona.

Noticias relacionadas