Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Deportes renova o peche perimetral das pistas da praza Viana do Castelo para garantir a seguridade da contorna

Deportes renova o peche perimetral das pistas da praza Viana do Castelo para garantir a seguridade da contorna

  • Tema
    • Deportes,
    • Instalacións deportivas,
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución,
    • Urbanismo
Martes, 03 de outubro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Deportes renova o peche perimetral das pistas da praza Viana do Castelo para garantir a seguridade da contorna

O executivo de Lara Méndez, a través da concellería de Deportes que dirixe Jorge Bustos, renovou o peche das pistas deportivas da praza Viana do Castelo. Os traballos, que responden a unha demanda veciñal, teñen por obxectivo garantir a seguridade da contorna.  Deste xeito, a mocidade poderá seguir gozando da instalación con todas as garantías e se minimiza o risco de que un balón poida xerar perigo entre as persoas viandantes ou os vehículos que transitan pola zona.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/deportes-renova-o-peche-perimetral-das-pistas-da-praza-viana-do-castelo-para-garantir