A concellería de Xuventude abre as inscricións dun curso de navegación e conducción de vehículos 4x4

As inscricións poden realizarse a través da web lugomasxti.org, do 29 de marzo ao 10 de abril será por rigurosa orde e ata cubrir prazas.

Martes, 28 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Xuventude abre as inscricións dun curso de navegación e conducción de vehículos 4x4

O goberno de Lara Méndez, a través do Servizo de Prevención de Drododependencias e outras adiccións, adscrito á concellería de Xuventude que dirixe Mauricio Repetto, e coa subvención otorgada polo Plan nacional sobre Drogas, abre á mocidade lucense o prazo de inscrición dun curso de navegación e conducción de vehículos 4x4 dirixido a lucenses a partir dos 18 anos, co obxectivo de dar a coñecer unha disciplina diferente que pode ser útiles tanto dende o punto de vista formativo, lúdico, perosal e ata laboral.

Os cursos desenvolverase en dúas sesións cada un no Polígono do Ceao, dúas no mes de abril e as restantes en maio. “O obxectivo é que os participantes coñezan como se comporta o vehículo dun modo coherente e coa maior seguridade, tanto para os usuarios como para a mecánica do vehículo” explicaba Repetto.

A inscrición, que se realizará a través da web lugomasxti.org, do 29 de marzo ao 10 de abril será por rigorosa orde e ata cubrir prazas. Terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Lugo. A actividade é gratuíta e inclúe 18 prazas para cada sesión.

Horarios

Curso de conducción off road en vehículos 4x4 (8 horas)

 

Grupo 1 (18 prazas)

venres, 14 de abril

16.30 ás 20.30

sábado, 15 de abril

9.30 ás 13.30 ou 15.30 ás 19.30

 

Grupo 2 (18 prazas)

venres, 21 de abril

16.30 ás 20.30

sábado, 22 de abril

9.30 ás 13.30 ou 15.30 ás 19.30

Os venres organizaranse os grupos para facer a práctica dos sábados

Curso de navegación e copilotaxe 4x4 (8 horas)

 

Grupo 1 (18 prazas)

venres, 19 de maio

16.30 ás 20.30

sábado, 20 de maio

9.30 ás 13.30 ou 15.30 ás 19.30

 

Grupo 2 (18 prazas)

venres, 26 de maio

16.30 ás 20.30

sábado, 27 de maio

9.30 ás 13.30 ou 15.30 ás 19.30

Os venres organizaranse os grupos para facer a práctica dos sábados

Noticias relacionadas