COMUNICADO DE PRENSA DE POLICIA LOCAL DE LUGO

Mércores, 11 de xaneiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Axuda humanitaria

- Ás 12,30 horas do día 10 de xaneiro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092, para que acuda a un edificio de cálea Concepción Arenal xa que veciños denunciaban que hai varios días que non vían á propietaria dunha vivenda, temendo que puidese pasarlle algo grave.

Os axentes comparecen de inmediato e tras chamar insistentemente á porta da vivenda e tras escoitar a unha persoa no interior, acceden achando a unha muller de 77 anos que se desprazaba polo chan sen poder levantarse, sendo auxiliada polos policías que requiren a presenza dunha ambulancia, sendo trasladada ao HULA.

 - Sobre as 13,55 horas do mesmo día unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode á rúa Castelao xa que ao parecer unha muller está a deambular pola calzada co consecuente risco para a súa integridade física.

Os axentes localizan a esta persoa que se abalanzaba sobre os vehículos entre berros, tirando uns valos que delimitaban unha zona da beirarrúa, sendo auxiliada e retirándoa da calzada, observando que se achaba baixo unha forte intoxicación etílica, sacando do bolso unhas tesoiras pequenas con intención de autolesionarse, procedendo os policías para intervilas, requirindo a presenza dunha ambulancia na que é trasladada ao HULA para a súa valoración médica.

Esta persoa levaba unha bolsa con bebidas alcohólicas e un gato, sendo intervidas as bebidas e depositadas nesta Xefatura e o gato foi levado polo servizo de lacería á Protectora, dando conta á Autoridade Xudicial.

- Ás 22,45 horas do día 10 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a unha rotonda da N-VI xa que ao parecer había unha persoa deambulando pola beiravía.

Presentada a patrulla observa a unha muller en estado de excitación, chorando e moi alterada, xa que estaba desesperada porque non atopaba traballo e discutira coa súa familia, sendo auxiliada polos policías que trataron de tranquilizala, requirindo a presenza dunha ambulancia para o seu traslado ao HULA.

Recuperación de vehículo subtraído

Na tarde de onte día 10 de xaneiro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo trasládase a unha pista de terra entre a Louzaneta e a estrada de Friol, onde achan un vehículo coa porta do condutor aberta, os cristais fracturados e tíñanlle realizado “a ponte” no sistema de aceso, comprobando que fora subtraído nunha localidade da Provincia da Coruña, polo que se require o servizo de Guindastre para o seu traslado ao Depósito Municipal quedando ao dispor da Brigada de Policía Xudicial e Científica.

Venda ambulante non autorizada

Na mañá de onte estableceuse un dispositivo especial para combater a venda ambulante non autorizada, levantándose SETE actas por infracción á Lei de Seguridade Cidadá, por ocupación de espazo público para venda ambulante, propoñéndose sanción a cada un deles de 600 euros.

 

Noticias relacionadas