Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 28 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Controis de alcoholemia

Durante a madrugada do 27 e 28 de xullo/22, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo intensificaron os controis de alcoholemia e drogas, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, establecendo diversos filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, detectando SETE condutores que lanzaron resultado POSITIVO nas probas de detección alcohólica ás que foron sometidos.

Os lugares onde foron detectados os condutores e as taxas de alcoholemia obtidas son:

 

LUGAR

TAXA

Rúa das Fontes

0,43 mg/l

Camiño Real

0,33 mg/l

Camiño Real

0,35 mg/l

Camiño Real

0,44 mg/l

Camiño Real

0,41 mg/l

Ronda da Muralla

0,53 mg/l

Ronda da Muralla

0,52 mg/l

 

Aos CINCO primeiros abríuselles expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución e aos dous últimos abríuselles expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución e en todos os casos procedeuse á inmobilización dos vehículos.

No transcurso destes controis levantáronse DÚAS actas de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá contra dous cidadáns por falta de respecto e consideración aos axentes da autoridade, propoñéndose sanción de ata 600 euros e a súa remisión á Subdelegación do Goberno.

Noticias relacionadas