Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 27 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Accidente de tráfico con condutor falecido

Sobre as 23:30 horas do día 26 de setembro un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á confluencia da Rolda do Carmen coa rúa Santiago xa que se produciu un accidente de circulación.

Os axentes ao chegar comproban que un turismo, que circulaba pola Rolda do Carme, chocara coa parte dianteira contra a posterior dunha motocicleta que estaba detida no semáforo na confluencia da rúa Santiago, desprazándoa violentamente e quedando o seu condutor tirado na calzada.

Que se procede ao auxilio inmediato deste condutor, de 50 anos de idade, requirindo a presenza dunha ambulancia do 061 cuxo facultativo certifica o seu falecemento.

Os policías observan que o condutor do turismo, un home de 65 anos e veciño desta cidade, presenta signos de embriaguez polo que é sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO de 0,78 mg/l, procedendo á súa detención por un presunto delito de homicidio imprudente con resultado de morte, instruíndose dilixencias para o Xulgado de Garda.

Persoa falecida no interior do seu domicilio

Sobre as 14:20 horas do día 26 de setembro os Servizos Sociais do Concello alertan á Sala do 092 que unha muller, beneficiaria deste servizo da zona do Alto de Garabolos, levaba catro días sen abrir a porta nin contestar ao teléfono.

Unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo desprázase ao lugar e ao non recibir ningunha resposta desta persoa, ao sospeitar que algo grave sucedéralle, proceden a entrar á vivenda en compañía dunha dotación de Bombeiros e doutra do 061, atopando a unha muller tirada no chan do cuarto de baño, certificando o facultativo o seu falecemento, procedéndose máis tarde ao levantamento do cadáver.

Multimedia

  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo
  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas