Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 26 de outubro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Filtros de seguridade viaria

Na tarde do día 25 de outubro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta a condución irregular dunha motocicleta pola rúa Ourense, observando que o condutor presenta signos de consumir substancias estupefacientes, sendo sometido a un test de drogas, lanzando un resultado POSITIVO en COCAÍNA e THC, abrindo expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.

Así mesmo comprobouse que o vehículo circulaba carecendo de Seguro Obrigatorio e o titular non o presentaba a ITV no prazo debido, abríndose senllos expedientes sancionadores, con multas de 1.250 e 200 euros respectivamente.

A madrugada do día 26 de outubro, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo dá o alto a un vehículo na Rolda da Muralla, observando que o seu condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,55 mg/l, sendo sancionado con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.

Inspección de local de lecer nocturno

Na madrugada do día 26, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno procede á inspección dun local de lecer nocturno da rúa Marina Española, detectando que excedía, no exercicio da actividade, o límite horario establecido, tendo o enreixado de acceso pechado e no interior achábanse unha trintena de persoas consumindo, procedendo ao seu desaloxo. Levantouse acta de denuncia por infracción á normativa de Espectáculos Públicos de Galicia.

Axuda humanitaria

Na madrugada do día 26 de outubro, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo interviñeron en dous sucesos de axuda humanitaria:

  • O primeiro na Avenida da Coruña, onde unha patrulla foi comisionada pola Sala do 092 xa que unha persoa estaba a gritar e golpeando os escaparates da zona, sendo localizado na rúa Mallorca, procedendo á súa identificación e comprobando que puidese estar baixo un brote psicótico, sendo auxiliado e requirindo a presenza dunha ambulancia, na que foi trasladado ao HULA. Trátase dun home de 44 anos.
  • Na rúa Marina Española unha patrulla acode a un edificio xa que ao parecer unha persoa inxerira pastillas e alcol, sendo auxiliada polos policías, requirindo a presenza dunha ambulancia do 061, sendo trasladada ao HULA para a súa atención médica.

Noticias relacionadas