Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 24 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Accidente de circulación e delito contra a seguridade viaria

Sobre as 3:20 horas do día de hoxe un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á Avenida das Américas xa que se producira un accidente de circulación, no que un vehículo que circulaba por esta vía, dirección saída da cidade, sáese do carril dereito de circulación chocando contra un turismo estacionado nesa marxe, causándolle danos na súa parte lateral esquerda, saíndo desprazado cara adiante e causando danos a outro turismo estacionado e saíndo este desprazado cara adiante tamén e causando danos a outro vehículo estacionado.

O condutor, que está acompañado por unha dotación de PN, presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,76 mg/l, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido. (Adxúntase imaxe).

Condución temeraria e delito contra a seguridade viaria

Sobre as 20:10 horas do día de onte unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta que un vehículo circula de forma temeraria pola rúa Galicia, procedendo a patrulla a interceptalo e observando que o seu condutor presenta signos de acharse baixo os efectos de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,90 mg/l, sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencia por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, procedendo á inmobilización do vehículo.

Así mesmo ábrese expediente sancionador, pola condución temeraria, con multa de 500 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Noticias relacionadas