Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 23 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delito contra a seguridade viaria

Sobre as 5:00 horas do día 23 de novembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta a circulación irregular dunha furgoneta pola Avenida de Ramón Ferreiro, xa que circulaba polo centro da calzada, procedendo a darlle o “alto”, observando como o condutor presentaba signos de atoparse embriagado, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 1,15 mg/l, sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, quedando o vehículo inmobilizado.

Accidentes de circulación

  • Sobre as 12:00 horas do día 22 de novembro un equipo de Atestados desprázase á Avenida das Américas xa que un vehículo que circulaba procedente da rúa Bidueiro, sentido saída da cidade, ao realizar un cambio de sentido na glorieta existente coa rúa Pomar para incorporarse novamente á Avenida das Américas, perde o control e impacta contra os sebes existentes na mediana, quedando en suspensión a roda dianteira esquerda ao quedar apoiada a parte baixa do vehículo sobre uns postes decorativos de madeira. (Adxúntase imaxe).
  • Sobre as 23:15 horas do día 22 de novembro un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa Agricultura xa que se producira un accidente de circulación, observando os axentes que un turismo, que circulaba por dita rúa en dirección á dos Transportes, choca contra outro vehículo que se atopaba realizando un cambio de sentido. Como consecuencia do impacto, o primeiro vehículo sae despedido cara ao seu lado dereito chocando contra TRES vehículos estacionados, resultando con danos materiais. Os condutores foron sometidos ás probas de detección alcohólica, lanzando resultado NEGATIVO, sendo necesario que o servizo de limpeza municipal procedese á limpeza da vía.

Auxilio á cidadanía

  • Ás 8:45 horas do día 22 de novembro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edificio da Rolda da Muralla xa que unha muller de avanzada idade caera no interior do seu domicilio e o seu marido era incapaz de incorporala. Os axentes atopan a esta persoa no chan do dormitorio, sendo auxiliada polos policías que a levantan, rexeitando asistencia médica xa que non sufrira lesión algunha.
  • Sobre as 20:00 horas do día 22 de novembro unha patrulla de Policía Local detecta a unha persoa sen recursos na rúa Castelao, polo que debido ás inclemencias meteorolóxicas foi trasladada ao Fogar do Transeúnte para que puidese pasar a noite.
  • Sobre as 21:30 horas do día de onte unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda á rúa Manuel María, xa que ao parecer unha persoa de avanzada idade camiña desorientada. Os axentes localizan a esta persoa de 90 anos de idade, que manifesta que non sabe onde se atopa xa que se desorienta, logrando os policías pescudar o seu domicilio, sendo trasladado no propio coche patrulla para que quede oa cargo da súa muller, pero ao chegar lembra que a súa esposa áchase hospitalizada, polo que os axentes atopan na cociña unha nota cun teléfono, chamando e resultando ser unha familiar á cal se lle informa de todo o relatado, quedando a persoa no seu domicilio sen outra novidade, rexeitando asistencia médica.

Multimedia

  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas