COMUNICADO DE PRENSA DE POLICÍA LOCAL DE LUGO

Venres, 18 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DE POLICÍA LOCAL DE LUGO

Filtros de seguridade viaria

Durante a madrugada do día 18 de marzo, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co emprego de vehículos camuflados e rotulados, estableceron diferentes filtrosde seguridade viaria para controlar o cumprimento da normativa de tráfico, detectando ás 00:10 horas a circulación pola rúa dos Gardas dun ciclomotor (con aparencia de patinete) que circulaba sen iluminación. Ao darlle o “alto” compróbase que carece de Seguro Obrigatorio de Automóbiles e o seu condutor CARECE de calquera autorización administrativa para conducir por non obtela NUNCA.

Por tal motivo trasládaselle á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, abríndose expedientes sancionadores ao seu condutor por circular sen subscribir un contrato de seguro; circular sen iluminación; pneumáticos en mal estado e tubo de escape sen silenciadorde explosións e escape libre, sendo o vehículo trasladado ao depósito municipal onde queda inmobilizado.

Ás 4:30 horas unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta na Avenida da Coruña un turismo que pasa a luz vermella dun semáforo na confluencia coa rúa Illas Canarias, observando que o condutor presenta signos de embriaguez polo que é sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0’60 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Condutas incívicase seguridade cidadá

Durante a madrugada unha patrulla policial camuflada sorprendeu a tres rapaces ouriñando na vía pública. Dous deles na Praza Pío XIIe outro na fachada da Catedral, levantándose acta de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia, propoñéndose sanción de ata 900 euros.

Así mesmo levántanse dúas actas de denuncia por infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá contra dous mozos de 18 e 20 anos respectivamente, por falta de respecto e consideración a axentes da autoridade no exercicio das súas funcións, propoñéndose sanción de ata 600 euros.

Auxilio á cidadanía

Sobre as 1:50 horas do día 18 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo observa na Praza da Constitución unha muller que se desvanece e cae ao chan. Inmediatamente acoden no seu auxilio comprobando que se causou unha brecha de considerables dimensións na cella dereita, a cal sangraba abundantemente, observando ademais que a muller presenta signos de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas.

Os policías practícanlle os primeiros auxilios, colocándoa en posición de seguridade e cubríndoa cunha manta térmica, requirindo a presenza dunha ambulancia do 061 na que foi trasladada ao HULA para a súa atención médica.

Noticias relacionadas