Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 22 de xuño de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Controis integrais de seguridade viaria (alcoholemia, velocidade, estado vehículo e documentación).

No día de onte 21 de xuño, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local intensificaron os controis de seguridade viaria en vías do centro urbano, co seguinte balance:

DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA

  • Na rúa Montefaro dáse o alto a un vehículo cuxo condutor se comproba que CARECE de permiso de condución por perda total dos puntos asignados, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  • Na Av. República Arxentina sorpréndese a un condutor que CARECE de permiso de condución ao non obtelo NUNCA polo que igualmente instrúense dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

En ambos os casos inmobilizáronse os vehículos.

ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS

  • Na Praza de Conde Fontao dáse o alto a un vehículo, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,56 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
  • Na rúa Salvador de Madariaga, condutor POSITIVO con resultado de 0,42 mg/l.
  • Na Avenida de Ramón Ferreiro, condutor POSITIVO con resultado de 0,31 mg/l.
  • Na rúa San Roque establécese un Dispositivo Estático de Control (DEC), sometendo a varios condutores ás probas de detección alcohólica, resultando CATRO condutores que arroxaron resultado POSITIVO nas probas levadas a cabo:
  • POSITIVO 0,31 mg/l.
  • POSITIVO 0,45 mg/l.
  • POSITIVO 0,30 mg/l.
  • POSITIVO 0,47 mg/l.

A estes seis últimos condutores abríuselles expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

Así mesmo nestes dispositivos controlouse a velocidade por radar, controlando a 162 condutores, sendo denunciados 13 por pasar o límite establecido na vía de 50 km/l.

Tamén foron denunciados varios condutores polas seguintes infraccións graves á normativa de Seguridade Viaria:

  • 2 por carencia de SOA.
  • 3 por non presentar o vehículo á ITV no prazo debido.
  • 2 por conducir sen autorización válida en España

Axuda humanitaria

Na tarde de onte unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 debido a que unha persoa informara que dous familiares seus, de avanzada idade, saíran a camiñar e están desorientados.

Os policías localizan a estas dúas persoas na Praza da Milagrosa, achándose en bo estado, sendo acompañadas polos axentes até o seu domicilio, facéndose cargo un familiar.

Noticias relacionadas