Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 21 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Campaña de control sobre utilización do cinto de seguridade

Do 6 ao 12 de marzo, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, efectivos da Policía Local de Lugo participaron na campaña de control sobre utilización do cinto de seguridade e sistemas de retención infantil, obténdose o seguinte balance:

  • Vehículos controlados: 269
  • Condutores denunciados: 22

A Policía Local informa que o uso do cinto de seguridade é obrigatorio para condutores e pasaxeiros en vías do centro urbano e aínda que se incrementou o uso deste sistema de seguridade, algúns condutores e pasaxeiros non fan uso del, o que supón unha sanción de 200 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de conducir para o condutor e de 200 euros para cada un dos pasaxeiros.

Noticias relacionadas