Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 19 de decembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Detención por Requisitoria Xudicial

Na tarde do día 18 de decembro, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo,  proceden á detención dunha persoa que se presenta na Oficina de Atención ao Cidadán da Xefatura da Policía Local de Lugo, solicitando autorización para pernoitar no Fogar do Transeúnte e tras realizar o policía de servizo a correspondente dilixencia de identificación, compróbase, a través das bases de datos policiais, que dita persoa ten interposta unha Orde Xudicial de detención e presentación, requirida por un Xulgado de Valencia por condución baixo a influencia de alcol e drogas, instruíndose as oportunas dilixencias para a súa remisión á Autoridade Xudicial correspondente.

Auxilio a cidadáns

No día de onte, efectivos da Unidade Territorial da Policía de Barrio da Policía Local de Lugo realizaron dúas intervencións de axuda humanitaria.

A primeira levouse a cabo nun edificio da rúa Curros Enríquez onde unha persoa sufrira unha caída no interior da súa vivenda e non era capaz de levantarse, sendo auxiliada polos policías que a incorporan, deixándoa sentada no salón da casa, ao coidado dun familiar, rexeitando asistencia sanitaria xa que non causou lesión algunha.

A segunda tivo lugar na rúa Nova onde a patrulla observa que unha muller está tirada na rúa, sangrando e queixándose dunha dor no brazo, sendo auxiliada e manifestando que cando camiñaba, de súpeto caeu ó chan, colocándolle unha manta térmica para protexela do intenso frío, requerindo a presenza dunha ambulancia para o seu traslado ao HULA.

Noticias relacionadas