Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 16 de febreiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Recuperación de vehículo subtraído

Na mañá de onte, día 15 de febreiro, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, observa na rúa Avutarda un vehículo estacionado que presenta os portelos dianteiros abertos e unha das letras das placas de matrícula modificadas con cinta illante para que parecese outra letra, comprobando que devandito vehículo figuraba denunciado como subtraído, polo que se procede á súa retirada ao Depósito Municipal, dando conta ao grupo de Policía Científica para a súa inspección técnico policial.

Filtros de seguridade viaria

Durante a madrugada do día 16 de febreiro, por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, intensificáronse os filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, empregando vehículos policiais rotulados e camuflados, detectando as seguintes incidencias:

  • Detectáronse e denunciouse a 9 condutores cuxos vehículos non foran presentado a ITV no prazo debido, propoñéndose sanción a cada un deles de 200 euros.
  • Detectáronse 4 vehículos que circulaban polas vías do centro urbano carecendo de Seguro Obrigatorio de Automóbiles, propoñéndose sanción a cada un deles de 1.500 euros.
  • Denunciouse a 3 condutores por non facer uso do cinto de seguridade, abríndose expediente sancionador con multa de 200 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.
  • Sorprendeuse a 3 patinetes eléctricos. Un deles foi denunciado o seu condutor por transportar un pasaxeiro e os outros dous por circular sen iluminación.

Noticias relacionadas