Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 13 de outubro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Utilización fraudulenta de adhesivo de ITV

Sobre as 9,30 horas do día 12 de outubro/22 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta un vehículo que presenta no parabrisas un adhesivo de ITV en vigor, ata xaneiro do ano 2023, pero consultadas as bases de datos policiais obsérvase que o dito vehículo ten a ITV caducada desde marzo de 2019, non dando explicación o seu titular sobre a utilización fraudulenta do adhesivo, motivo polo cal se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda por un presunto delito.

Filtros de seguridade viaria

Nos filtros de seguridade viaria levados a cabo durante a xornada do martes día 11 e madrugada do mércores día 12, pola Unidade de Atestados e o Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, detectáronse as seguintes infraccións:

Delitos contra a seguridade viaria

  • Positivo en alcoholemia, con resultado de 0.71 mg/l. Instrúense dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria polo procedemento de xuízo rápido, inmobilizándose o vehículo.
  • Positivo en alcoholemia con resultado de 0,86 mg/l. Instrúense dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilízase o vehículo.

Alcoholemias administrativas

  • Positivo en alcoholemia, con resultado de 0.47 mg/l. Denúnciase administrativamente con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, facéndose cargo do vehículo outra persoa autorizada polo condutor.
  • Positivo en alcoholemia con resultado 0,39 mg/l. Denúnciase administrativamente con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, procedéndose á inmobilización do vehículo.
  • Positivo en alcoholemia con resultado de 0,48 mg/l. Denúnciase administrativamente con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, procedéndose á inmobilización do vehículo.
  • Positivo en alcoholemia con resultado de 0,45 mg/l. Denúnciase administrativamente con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, procedéndose á inmobilización do vehículo.
  • Positivo en alcoholemia con resultado de 0,64 mg/l. Denúnciase administrativamente con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizándose o vehículo.
  • Así mesmo varios titulares de vehículos foron denunciados por non habelo sometido  á inspección técnica periódica no prazo debido.
  • Un vehículo que non ten concertado o seguro obrigatorio, polo que se denuncia administrativamente e procédese ao seu traslado ao depósito municipal, onde permanecerá inmobilizado ata que o seu titular acredite estar en posesión de seguro.
  • Condutor sorprendido ao volante do vehículo co permiso de conducir caducado.
  • Condutor sorprendido ao volante do vehículo sen realizar o curso de reeducación obrigatorio para recuperar o permiso de condución que lle foi retirado.
  • Condutor sorprendido ao volante do vehículo cando consta que perdeu a vixencia do permiso de conducir pola perda total dos puntos asignados.
  • Condutor denunciado por condución de vehículo sen autorización administrativa con perda de vixencia edictal.

Auxilio a cidadáns

Durante a mañá do martes, sendo as 6’05 horas, a Sala do 092 recibe unha chamada de quen di ser fillo dunha persoa maior, que reside soa en calle Hermanos Carro e que di que lle parece escoitar ruído no interior do seu domicilio. Se comisiona no lugar un indicativo da Unidade Territorial de Policía de Barrio e os policías contactan co home, de 90 anos, que lles informa que lle pareceu escoitar a alguén dentro da súa casa e ver acender e apagar unha luz. Os axentes realizan unha exhaustiva inspección da vivenda, sen que achen a ninguén no interior, polo que abandonan o lugar e informan o fillo do home de todo o actuado.

Durante a tarde do mesmo día, sendo as 14’30 horas, os axentes de Policía de Barrio organizaron un dispositivo de canalización do tráfico, no que foi necesario modificar o sentido direccional dalgunha das vías afectadas, debido á existencia dun vehículo en chamas estacionado na rúa Monte Picato e dun vehículo avariado na rúa Noriega Varela.

Varios axentes estableceron un perímetro de seguridade, durante os labores do Servizo de Extinción de Incendios, mentres outros policías facilitaban a circulación dos vehículos que se introduciron nas vías afectadas e non podían continuar a súa marcha polos obstáculos creados nas mesmas.

Ás 3’10 horas do mércores, un indicativo do Grupo Operativo Nocturno trasladouse á rúa Alexandre Bóveda, debido á información recibida pola Sala do 092 sobre unha persoa tirada na rúa. Os axentes comprobaron que se trataba dun home, presuntamente afectado pola inxesta de bebidas alcohólicas, o cal manifestaba que se caeu contra o bordo da beirarrúa e queixábase dunha dor no costado, polo que foi solicitada a presenza dunha ambulancia, que realizou unha primeira asistencia e logo procedeu ao seu traslado ao HULA.

Durante a tarde do luns, ás 20’50 horas, os indicativos de servizo no recinto feiral de San Froilán foron comisionados na rúa García Portela, onde unha persoa estaba a sufrir unha parada cardiorrespiratoria. Unha vez no lugar comprobaron que o home afectado estaba a ser atendido por unha ambulancia da Cruz Vermella, sendo necesario establecer un perímetro de seguridade para protexer os traballos de reanimación, así como un corredor para facilitar o acceso e posterior saída da ambulancia medicalizada que finalmente tivo que ser mobilizada e que procedeu ao traslado do home ao HULA.

Noticias relacionadas