Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 09 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Inspección de establecemento de hostalería

Na mañá do domingo día 4 de febreiro, nun operativo conxunto, efectivos da Policía Local de Lugo e da Policía Nacional, accederon ao interior dun local situado na zona dos Robles, co fin de realizar unha inspección, comprobando que devandito establecemento funcionaba carecendo de título habilitante, levantando varias actas de denuncia polas seguintes infraccións detectadas:

  • 7 denuncias por infracción á Lei de Espectáculos Públicos de Galicia.
  • 6 denuncias por infracción á Lei de Emprendemento de Galicia.
  • 3 actas por tenencia de substancias de estupefacientes.
  • 2 denuncias á Lei do Tabaco.
  • 1 denuncia á Lei de alcol a menores.
  • 1 denuncia á Lei de Protección da Seguridade Cidadá.
  • 1 denuncia á Ordenanza de Contaminación Acústica.
  • 1 acta por negativa a identificarse.

En total detectáronse 22 infraccións, das que cabe destacar, a carencia de seguro de responsabilidade civil, tenencia de substancias estupefacientes, a tolerancia do consumo de substancias psicotrópicas en establecementos públicos, o incumprimento das estipulacións de información sobre as limitacións establecidas na lei, levar a cabo unha actividade extraordinaria carecendo de autorización, incumprir as medidas e condicións de seguridade e hixiene establecidas na normativa urbanística e de edificación, etc.

Así mesmo levántase acta por unha presunta fraude fiscal, xa que se observou que no mostrador do establecemento había unha caixa rexistradora, comprobando os axentes que os tickets que emitía das consumicións eran a nome doutra empresa, situada noutro lugar da cidade, observando que o único concepto que figuraba no tiket era “café”, con prezos de 10 a 50 euros, comprobando os axentes que o local non dispón de cafeteira.

Delito contra a seguridade viaria

Na tarde de onte unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta a circulación irregular dun vehículo pola Avenida de Madrid, comprobando que o condutor CARECE de permiso de condución por perda TOTAL de puntos do permiso de condución, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Os axentes comproban tamén que devandito condutor fora interceptado o día anterior, por unha patrulla da Policía Local de Lugo, conducindo un vehículo pola mesma avenida, instruíndose tamén dilixencias por delito contra a seguridade viaria.

Accidente de circulación e positivo en alcoholemia

Á primeira hora da mañá de onte un equipo de Atestados desprázase á Rolda de Fingoi onde se produciu un accidente de circulación, comprobando que dous vehículos chocaran na confluencia da devandita vía coa rúa Armórica, observando os axentes que o condutor dun deles presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas  de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,49 mg/l., instruíndose as oportunas dilixencias.

Noticias relacionadas