Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Luns, 03 de abril de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Accidentes de circulación

  • Ás 13:30 horas do día 31 de marzo un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa Lamas de Prado xa que se produciu un accidente de circulación no que unha furgoneta chocara contra unha motocicleta, resultando o seu condutor ferido.

O accidente parece ser que se produciu cando a furgoneta detívose debido a que un turismo quería estacionar na marxe esquerda, momento no que escoitou un forte golpe na parte traseira, atopándose ao condutor da motocicleta no chan, sendo trasladado por unha ambulancia do 061 ao HULA para a súa atención médica.

  • Ás 5:10 horas do día 1 de abril un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á Avenida das Fontiñas xa que se produciu un accidente de circulación no que un vehículo sáese da calzada chocando contra unha furgoneta estacionada na marxe dereita e contra un farol e acabando finalmente contra outro turismo estacionado na marxe contraria, rexistrándose danos de consideración e ningún ferido, sendo sometido o condutor ás probas de detección alcohólica, lanzando resultado NEGATIVO. (Adxúntase imaxe)

Danos en mobiliario público

Sobre as 14:00 horas do día 28 de marzo unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade ao Paseo do Rato xa que uns cidadáns denuncian que un grupo de mozos está a increpar ás persoas que camiñan polo citado paseo, achegando a descrición dos mesmos. Os axentes localizan nas proximidades da Ponte da Chanca a estes mozos, que coinciden perfectamente coa descrición dada polos cidadáns, xa que un deles atopábase espido de cintura para arriba, procedendo á súa identificación, momento no que este mozo de 23 anos de idade profire frases despectivas cara aos axentes, polo que é denunciado por unha infracción á Lei de Seguridade Cidadá por falta de respecto e consideración aos axentes da Autoridade para a súa remisión á Subdelegación do Goberno.

Así mesmo os axentes observan como está fracturado un cartel público informativo do paseo e uns sinais metálicos de advertencia, que indicaban labores de mantemento na senda do río, informando unha testemuña que viu con toda claridade como o autor destes feitos era o mozo anteriormente identificado e denunciado, motivo polo cal se inician dilixencias por presunto delito de danos para a súa remisión ao Xulgado de Garda. (Adxúntase imaxe)

Axuda humanitaria

  • Ás 11:30 horas do día 31 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo desprázase á rúa Illas Canarias xa que segundo cidadáns hai unha persoa de avanzada idade, aparentemente desorientada. Os axentes atopan de inmediato a esta persoa, de 93 anos, que estaba a esperar o autobús, manifestando perderse, pescudando os policías o seu domicilio onde é trasladada, finalizando o servizo sen outra novidade.
  • Sobre as 14:30 horas do día 31 de marzo unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade á rúa Serra de Ancares xa que un home de avanzada idade deambula totalmente desorientado. Os axentes localizan de inmediato a esta persoa a cal manifesta que saíu a dar un paseo e non consegue volver ao seu domicilio, sendo acompañado polos axentes ata que unha veciña recoñéceo e indícanos onde reside, sendo acompañado ao domicilio en Irmáns Carro, localizando a un familiar que se fai cargo del.
  • Sobre as 23:10 horas do día 31 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, de servizo no Parque Marcos Cela, detecta a un mozo de 17 anos de idade que se acha baixo os efectos de bebidas alcohólicas, sendo necesario requirir a presenza dunha ambulancia e dando coñecemento á súa nai que se presenta no lugar e acompaña ao mozo na ambulancia ao HULA para a súa atención médica.
  • Sobre as 1:00 horas do día 1 de abril unha patrulla do Grupo Nocturno da Policía Local de Lugo observa na Praza Maior un home tirado no chan, que é inmediatamente auxiliado, observando que presenta unha forte intoxicación etílica, colocándoo en posición de seguridade e requirindo a presenza dunha ambulancia que o traslada a un centro sanitario para a súa atención médica.

Multimedia

  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas