COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Martes, 26 de decembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

KDD de vehículos

A través de redes sociais, tívose coñecemento que na madrugada do día 23 de decembro ía celebrar unha KDD de vehículos no aparcamento da Universidade, próximo ao Pazo Provincial de Deportes, establecéndose por iso un dispositivo especial no que participaron efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co emprego de vehículos policiais rotulados e tamén vehículos policiais camuflados que se infiltraron na KDD, onde se congregaron uns 120 vehículos aproximadamente, co seguinte balance:

-TRES ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS. Realizáronse probas de alcoholemia e drogas nas vías adxacentes ao lugar da KDD, detectando tres condutores que lanzaron resultado POSITIVO nas probas levadas a cabo. O primeiro 0,46 mg/l; o segundo 0,44 mg/l e o terceiro 0,36 mg/l; todos eles sancionados con 500 euros de multa e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

- INFRACCIÓNS GRAVES:

1 condutor denunciado por condución neglixente.

2 condutores denunciados por circular cun escape ineficaz.

1 condutor denunciado por realizar no vehículo unha reforma de importancia sen autorización.

1 condutor denunciado por circular sen presentar a ITV no prazo debido.

1 condutor denunciado por circular por zona peonil.

Así mesmo sorprendeuse a unha persoa ouriñando en vía pública polo que foi sancionado por infracción á Lei de Residuos de Galicia, propoñendo sanción de ata 900 euros.

Precintos por embargo

No transcurso destes dispositivos procedeuse á localización de dous vehículos sobre o que pesaba mandamento de procura e captura por embargo, sendo trasladado ao Depósito Municipal onde queda precintado ao dispor da administración competente.

Filtros de seguridade viaria

A madrugada do 24 e 25 de decembro, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron diversos controis de alcoholemia e drogas en vías do centro urbano, co seguinte balance:

DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA (4)

Detéctase, nun control establecido na Praza da Milagrosa, un condutor que porta na súa man un cigarro de hachis, procedendo á intervención do mesmo e levantando acta de denuncia por infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá. Ao proceder á súa identificación compróbase que CARECE de permiso por non obtelo NUNCA, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo. Así mesmo é sometido a un test de drogas lanzando o condutor resultado POSITIVO en THC.

En camiño Real detéctase a circulación irregular dun vehículo, observando que o seu condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado positivo de 1,05 mg/l (catro veces a taxa máxima permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Na Avenida de Ramón Ferreiro dáse o alto a un vehículo observando que o seu condutor áchase baixo os efectos de bebidas alcohólicas, lanzando un resultado positivo de 0,79 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Pola súa aprte, aa Ronda das Fontiñas é sometido o condutor a un test de alcoholemia, lanzando un resultado positivo de 0, 77 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS (2)

- Nun control da Rúa Vilalba dáse o alto a un vehículo cuxo condutor lanza un resultado POSITIVO de 0,52 mg/l.

-Na rúa San Roque detéctase a circulación dun vehículo cuxo condutor lanza un resultado POSITIVO de 0,53 mg/l.

Ambos os condutores foron sancionados con multas de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

DROGAS (2)

-Na rolda do Carmen detéctase un condutor que é sometido a un test de drogas, lanzando un resultado POSITIVO en COCAÍNA.

-Na Praza da Milagrosa é sometido un condutor ás probas de drogas, lanzando un resultado POSITIVO en THC.

Ambos os condutores foron sancionados con multas de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

Axuda humanitaria

Durante esta fin de semana, as patrullas da Policía Local de Lugo tiveron   que intervir en diversos auxilios a persoas.

Na rúa Río Ladra, unha persoa quedara atrapada nun ascensor, sendo rescatada polos policías, auxiliando a esta persoa que tiña síntomas de ansiedade, polo que se require a presenza dunha ambulancia para o seu traslado ao HULA.

Na rúa Illas Canarias unha patrulla localiza a unha persoa tirada no rellano dun edificio, sendo auxiliada e requirindo a presenza dunha ambulancia para o seu traslado a un centro médico para a súa atención médica.

Na rúa San Roque obsérvase a un home tirado na beirarrúa, sendo auxiliado e requirida a presenza dunha ambulancia, sendo atendido pola dotación sanitaria.

Na zona sur da cidade auxíliase a unha muller por inxesta de medicamentos, sendo requirida a presenza dunha ambulancia que a traslada ao HULA para a súa atención médica.

No Campo Castelo auxíliase a unha persoa de avanzada idade que se caeu no interior do seu domicilio, xa que a persoa que a acompaña non era capaz de levantala, sendo incorporada polos policías que a deixan sentada nun sofá, rexeitando asistencia sanitaria, quedando ao cargo da familia.

 

Noticias relacionadas