COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Servizos destacados do 6 ao 8 de xaneiro

Luns, 09 de xaneiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Controis de alcoholemia

Durante as noites do 6 e 7 de xaneiro por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio dun equipo de Atestados, empregando vehículos policiais camuflados e rotulados, establecéronse diferentes filtros de seguridade viaria, detectándose as seguintes incidencias:

Na Praza de Bretaña detectáronse TRES CONDUTORES con signos de inxerir bebidas alcohólicas, sendo sometidos ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de:

- 0,48 mg/l

- 0,39 mg/l

- 0,36 mg/l

A todos eles abríuselles expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizándose os vehículos.

Na Avenida de Ramón Ferreiro detéctase a circulación irregular dun vehículo que ao ser parado compróbase que o condutor CARECE de permiso de condución por perda total dos puntos asignados, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Así mesmo obsérvase que presenta signos de conducir con presenza de drogas no organismo, sendo sometido ás probas regulamentarias co equipo DROGOTEST, lanzando un resultado POSITIVO en COCAÍNA, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Na rúa do Carmen detéctase a circulación irregular dun patinete eléctrico (VMP) cuxo condutor presenta signos de inxesta de alcol, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,44 mg/l, abrindo expediente sancionador con multa de 500 euros.

Accidentes de circulación con alcoholemia

Un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa Outono xa que un vehículo danara un bolardo, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 1,20 mg/l (case 5 veces a taxa máxima permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo trasládase á Avenida de Magoi xa que un vehículo chocara contra dous vehículos estacionados, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,75 mg/l instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa Luís Seoane xa que se produciu un accidente de circulación no que un vehículo chocara contra un poste de iluminación e deuse á fuga, indicando unha testemuña que tomara o número da placa de matrícula. Os axentes dan unha batida pola zona, localizando o vehículo e condutor na rúa Iglesia Alvariño, presentado signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 1,27 mg/l, (cinco veces superior á taxa máxima permitida) instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido e inmobilizando o vehículo.

Na confluencia da rúa Xulia Minguillón con Yañez Rebolo prodúcese un accidente de circulación no que un turismo que circula por esta última fai caso omiso ao sinal de STOP, chocado contra outro turismo que circulaba pola rúa Xulia Minguillón, desprazándose lateralmente e chocando contra un sinal vertical. O equipo de Atestados da Policía Local de Lugo instrúe as oportunas dilixencias por este feito.

 

Noticias relacionadas