Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Martes, 23 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Inspección establecemento de hostalería

Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo realizaron unha inspección nun local de hostalería da rúa Tui que acumula varias intervencións policiais e numerosas denuncias de veciños por alteracións da orde pública e molestias por ruídos.

Durante o dispositivo policial detectáronse unha serie de irregularidades, levantándose diversas actas de denuncia polas seguintes infraccións á Ordenanza de Contaminación Acústica, Lei de emprendemento e da competitividade económica de Galicia, normativa urbanística e de edificación, Lei de Saúde de Galicia, Lei de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo, Lei de prevención do consumo de bebidas alcohólicas, etc:

  • Acta denuncia por ter música no interior, cando o ten prohibido por ser un local con licenza do de café bar pertencente ao Grupo I da Ordenanza de Contaminación Acústica.
  • Acta denuncia ao detectar nun local adxacente ao local un computador e unha pantalla con activación de cancións musicais.
  • Acta denuncia pola instalación de  videocámara de reprodución de imaxes da vía pública, sen estar autorizada por protección de datos.
  • Acta denuncia por ter en funcionamento o establecemento, realizando modificacións sen efectuar a comunicación previa e no seu caso sen licenza municipal. Modificación da estrutura do local ao non corresponder a zona de acceso á cociña proxectada na autorización coa realidade actual.
  • Acta denuncia por incumprimento das medidas e condicións de seguridade establecidas na normativa urbanística e de edificación. Incumprimento da normativa de protección de incendios ao pecharse a porta de entrada desde o interior cun  resbalón, podéndose abrir soamente desde o interior e estando bloqueada desde o exterior, a pesar de que o local ten licenza de café bar.
  • Acta de denuncia por carencia de cartel de aforo e de código  QR.
  • Acta de denuncia por ausencia de sinalización de prohibición de fumar no interior do local.
  • Acta de denuncia por ausencia de sinalización de prohibición de consumo de bebidas alcohólicas por menores de idade na entrada do establecemento.

Auxilio a cidadáns

Durante a  fin de semana, os efectivos da Policía Local de Lugo realizaron os seguintes servizos humanitarios:

Sobre as 2,30 horas do día 20 de marzo unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta un home tirado na Avenida dás Américas, completamente desorientado, non podendo establecer conversación algunha cos axentes debido posiblemente a algunha patoloxía, polo que se lle presta os primeiros auxilios, solicitando unha ambulancia do 061 onde é  trasladado ao  HULA para a súa valoración médica.

Ás 18,45 horas do día 21 de marzo unha patrulla acode á  rúa Campos  Novos xa que ao parecer unha muller está tendida na rúa, atendida por varios viandantes. A patrulla auxilia á persoa, podendo saber que sufrira unha caída ao tropezar co bordo da beirarrúa, golpeándose no rostro. Foi requirida unha ambulancia na que foi trasladada ao  HULA.

Ás 20,15 horas do día 20 de marzo unha patrulla detecta un mozo tirado nas costas do Parque Rosalía de Castro, resultando ser un menor de idade que consumira alcol, achándose moi alterado, polo que tivo que ser inmobilizado e acougado polos axentes para que non se  autolesionara, solicitando unha ambulancia para a súa atención médica. Ao chegar a ambulancia fixo acto de presenza o seu pai ao cal se lle informou dos feitos, solicitando aos facultativos que non era necesario o traslado do seu fillo a ningún centro médico xa que se facía cargo el, trasladándoo ao domicilio.

Auxilio a unha muller que foi detectada camiñando pola Rolda dá Muralla, sobre as 3,10 horas da madrugada do día 23 de marzo. Manifestou aos axentes que non tiña onde pernoitar, polo que foi trasladada ao Hogar do Transeúnte onde pasou a noite.

Noticias relacionadas