Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Luns, 16 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Detención por atentado a axentes da autoridade

Sobre as 00,20 horas do día 14 de novembro/20, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acoden á Estación de Autobuses da cidade xa que un home áchase no interior dun dos autobuses sen portar billete e sen facer uso da máscara de protección.

Os axentes son informados polo requirente que cando se dispoñía a emprender viaxe a Madrid, introdúcese no interior do autobús, o posteriormente identificado R.A.L, nacido no ano 1984, sen portar ningún tipo de billete para a viaxe, sen levar posta a máscara de protección e negándose en todo momento a baixarse do autobús.

Os policías ao proceder á identificación desta persoa, négase rotundamente e nun momento dado agarra polo pescozo a un dos axentes, lanzando patadas e puñadas aos policías intervenientes, procedendo á súa redución e inmobilización e á detención desta persoa, informándolle dos dereitos e o motivo da detención.

Que un dos axentes sofre lesións polo que é trasladado a un centro médico, sendo conducido o detido a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias polos delitos de atentado, desobediencia e resistencia grave a axentes da autoridade.

Control normas COVID-19

Durante a fin de semana do 13 ao 15 de novembro/20 intensificáronse os controis para comprobar o cumprimento das normas emanadas do Goberno da Nación, con ocasión da declaración do Estado de Alarma e as da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia sobre medias de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Por iso efectivos da Policía Local de Lugo levantaron actas de denuncia polos seguintes incumprimentos:

  • 11 actas por infracción á Lei Orgánica de Protección de Seguridade Cidadá ao sorprender a once cidadáns que incumprían a prohibición de entrada e saída do termo municipal de Lugo. Un dos cidadáns alegou que cría que a limitación de entrada e saída ao municipio era entre as 23,00 e as 6,00 horas.
  • 5 actas por infracción á Lei Orgánica de Protección de Seguridade Cidadá ao sorprender a cinco cidadáns circulando por vía pública, entre as 23,00 e as 6,00 horas, sen acharse incluído en ningunha das causas de excepción establecidas na Lei.
  • 3 actas por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá por incumprimento das condicións dispostas para a permanencia de grupos de persoas nos espazos públicos e privados.
  • 7 actas por infracción á Lei de Saúde de Galicia ao sorprender a sete persoas que se achaban en espazo público sen máscara de protección.

As denuncias efectuadas ao amparo da Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, están cualificadas como infracción GRAVE, levando aparellada multa de 601 a 30.000 euros.

  • 1 acta denuncia por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, por falta de respecto e consideración aos axentes da autoridade no exercicio das súas funcións, cando unha persoa transitaba sen a máscara de protección e foi requirida por unha patrulla policial. (multa de ata 600 euros).

No transcurso destes controis detectouse un vehículo sobre o que pesaba mandamento de procura, captura, depósito e precinto por embargo, sendo trasladado ao Depósito Municipal de Vehículos.

Axuda humanitaria

  • Sobre as 23,40 horas do día 13 de novembro de 2020 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acode á Avenida Alfonso X “O Sabio” para auxiliar a unha dotación do 061 no traslado dunha persoa que non colabora e que padece trastornos derivados do alcoholismo.

            Que unha vez os axentes fan acto de presenza no lugar, a paciente accede voluntariamente a ser trasladada ao  HULA, sendo acompañada por un familiar.

  • Sobre as 13,00 horas do día 14 de novembro/20 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode ao lugar de  Bosende xa que uns veciños atoparan a un home de avanzada idade totalmente desorientado.

            Os axentes tras entrevistarse con esta persoa e observar que a súa mobilidade é bastante reducida e presenta unha grave desorientación, pois non pode nin indicar o seu domicilio, solicítase a presenza dunha ambulancia do 061.

            Mentres esperan a chegada da ambulancia, un dos policías logra pescudar o domicilio desta persoa, localizando á súa esposa, a cal se fai cargo do home.

Noticias relacionadas