Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Luns, 07 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Incendio

Ás 13:50 horas do día 4 de setembro, a Sala do 092 comisionaunha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio na N-VI, inmediacións do centro comercial “Carrefour”, onde, segundo chamada telefónica, estaba a producirse un incendio.

Unha vez no lugar, os policías comproban que se atopaba actuando unha dotación do Servizo de Extinción de Incendios da Xunta de Galicia, estando o lume totalmente controlado, o cal afectara a unha zona de monte raso.

Molestias por ruído

Ás 2:45 horas do día 5 de setembro a Sala do 092 recibe queixas telefónicas polas molestias que causan os ruídos procedentes dunha vivenda da Praza do Campo Castelo.

Ata o lugar desprázase unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno, cuxos compoñentes comproban que, desde a rúa, escóitase música procedente dunha das vivendas. Tras contactar coa persoa requirentedo servizo, os axentes logran localizar a procedencia da música, contactando co morador da vivenda, o cal manifesta non ser consciente do volume da mesma e de que estaba a causar trastornos á veciñanza, cesando os mesmos nese momento.

Ás 3:25 horas do mesmo día, a Sala do 092 recibe unha chamada similar á anterior, esta vez procedente da rúa Eduardo Pondal. Unha vez no lugar, os axentes son informados pola persoa que realizou a chamada ao 092, de que as molestias proceden dunha vivenda contigua, onde un número indeterminado de persoas charlan cun ton de voz o suficientemente elevado como para molestar aos pisos lindeiros. Os policías entrevístanse co morador da vivenda de onde presuntamente proceden as molestias, recoñecendo que está en compañía de catro amigos, na terraza do domicilio, e que non eran conscientes das molestias que causaban, aínda que os seus amigos xa se ausentaban naquel momento, polo que ditas molestias cesarían de inmediato.

Molestias por malos cheiros procedentes de domicilio

Ás 18:15 horas do día 5 de setembro, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio trasládase a un edificio da rúa Paulo Fabio Máximo, desde onde os veciños requirían servizo polo mal cheiro procedente dun dos pisos do inmoble. Unha vez no lugar, os policías comproban a veracidade da chamada, polo que se dirixen á vivenda de onde presuntamente procede o mal cheiro, o cal, segundo os veciños e tal e como corroboran os axentes, faise insoportable nalgún momento.

Son recibidos polo morador da vivenda, o cal, tras divagarnas súas respostas ás preguntas dos policías, finaliza recoñecendo que ten en casa uns sete cans, parte dos cales leva tempo tentando doalos ou conseguir algunha persoa que os coide, pero que aínda non lle foi posible. Ao ofrecemento dos axentes de que sexa a propia administración a que se faga cargo dos animais, se el non se ve capaz de prestarlles os coidados obrigatorios e necesarios, négase de forma rotunda. Ante o requirimento dos policías para que preste o seu consentimento para poder realizar unha inspección do estado de salubridade do domicilio e dos animais, o cal podería afectar non só ás persoas moradoras do mesmo senón tamén ao resto de veciños do inmoble, o home négase de novo rotundamente, non permitindo sequera que os axentes puidesen observar algo a través da porta de acceso, xa que mantivo a mesma practicamente pechada durante toda a entrevista cos mesmos. Tampouco accedeu a mostrar aos animais e a documentación pertencente aos mesmos. Por todo o exposto, puxéronse en marcha as xestións administrativas correspondentes para que a autoridade competente resolva a inspección do lugar e que se poidan levar a cabo as actuacións necesarias en protección da salubridade do lugar.

Probas de alcoholemia con resultado positivo

Ás 17:20 horas do día 4 de setembro, cando realizan vixilanciapreventiva pola Avd. Reverendo Xosé Fernández Núñez, os policías observan a circulación dun vehículo cos pneumáticos carentes de debuxo na súa totalidade, co perigo que iso conleva para a seguridade viaria, motivo polo cal se procede a deter a súa marcha, motivo no cal os axentes observan que o seu condutor presenta signos externos de inxerir bebidas alcohólicas. Os policías da Unidade de Atestados realizan as probas de detección do grao de impregnación alcohólica, nas que o citado condutor arroxa resultado positivo de 0’54 miligramos de alcol por litro de aire expirado, motivo polo cal se confecciona o boletín de denuncia correspondente. O vehículo foi inmobilizado nun taller decidido polo interesado, onde quedará á espera dunha reparación que permita a súa circulación con seguridade, tanto para el como para o resto de usuarios da vía.

Ás 19:50 horas do mesmo día, na Avd. Xosé Castiñeira, sorpréndese a un condutor que non fai uso do obrigatorio cinto de seguridade, motivo polo cal se procede a deter a súa marcha, para corrixir a devandita infracción. Os axentes da Unidade de Atestados comproban que o citado condutor presenta signos compatibles coa inxesta do alcol, motivo polo cal lle someten ás preceptivas probas de detección, nas que arroxa resultado positivo de 0’48 mg/l. Ademais da denuncia administrativa confeccionada, o vehículo foi inmobilizado no lugar, ao non haber ningunha persoa que se puidese facer cargo do mesmo.

Ás 6:00 horas do día 5, unha patrulla policial observa a circulación irregular dun vehículo que transita pola Fonte dos Ranchos, polo que deteñen a súa marcha e póñense en contacto co seu condutor, comprobando que presenta signos externos de consumir alcol, requirindo por iso a presenza da Unidade de Atestados, cuxos compoñentes practican as correspondentes probas para a comprobación do grao de impregnación alcohólica, nas que arroxa resultado positivo de 0’52 e 0’50 mg/l, motivo polo cal é denunciado administrativamente, o que levará consigo unha sanción económica de 1000 euros e a detracción de 6 puntos do permiso de conducir, xa que se traba dun condutor novel.

Ás 2:15 horas do día 6 de setembro, unha patrulla observa a condución irregular por parte de quen manexa un turismo pola rúa Manuel María, motivo polo cal proceden a deter a súa marcha, comprobando que o condutor presenta signos de consumir alcol. Unha vez sometido ás probas regulamentarias, obtense resultado positivo, polo que se confecciona boletín de denuncia e inmobilízase o automóbil.

Ás 3:10 horas do mesmo día, a Unidade de Atestados é requirida para intervir en accidente de circulación ocorrido na Avd. Infanta Helena, nas inmediacións do centro de maiores situado no lugar. Unha vez no lugar e tras adoptar as primeiras medidas para asegurar o lugar, ao contactar cos condutores implicados, os policías observan que un deles presenta signos de consumir alcol, polo que lle requiren para someterse ás probas regulamentarias, nas que arroxa resultado positivo de 0’48 e 0’47 mg/l, motivo polo cal, con independencia da posible responsabilidade en canto ao accidente de circulación, é denunciado administrativamente por conducir cunha taxa de alcol superior á permitida, o que lle supoñerá unha sanción económica de 500 euros e a detracción de 4 puntos do permiso de conducir.

 

Noticias relacionadas