Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Luns, 05 de abril de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

O día 25 de marzo de 2021 recíbese aviso na Sala 092 da Policía Local de Lugo que na intersección das rúas Rolda Fingoi e Alfonso X produciuse un accidente con considerables danos materiais e que hai problemas de orde pública entre os implicados no accidente, motivo polo cal se mobiliza un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo e dous radiopatrullas da Unidade Territorial de Policía de Barrio deste Corpo.

Unha vez no lugar pódese observar que o accidente se produce entre tres vehículos, un Renault Megane de cor granate que circulaba pola Rolda de Fingoi en dirección Avenida Madrid e dous turismos que se internaban na Rolda de Fingoi desde Alfonso X.

O condutor e os tres ocupantes do Renault Megane (tres rapaces e unha rapaza) foxen a pé do lugar e son perseguidos por un axente da Garda Civil fóra de servizo, que se identifica como tal no momento de iniciar a persecución.

Este Garda Civil sofre unha caída na persecución producíndose unha lesión nun ombreiro e perde o contacto visual co condutor cando este se tira por un muro de contención de considerable altura, aínda que manifesta que se o ve pode identificalo.

Os condutores e os ocupantes dos outros turismos non presentan lesións de consideración e trasládanse polos seus medios a centros sanitarios.

En días posteriores, os axentes da Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo realizan unha minuciosa investigación, visualizando as cámaras de control de tráfico nas que se comproba que o Renault Megane circula a gran velocidade e se interna no cruzamento sen respectar a luz vermella do semáforo. Así mesmo nunha inspección ocular do vehículo atópase un DNI e un teléfono móbil do que resulta ser o fillo do titular do vehículo e tras realizar as consultas oportunas compróbase que carece de permiso de conducir.

Así mesmo compróbase que ao longo da tarde do día 25 recibiuse unha chamada ao 092 informando que un Megane Granate realizara adiantamentos indebidos pola zona Duquesa de Lugo e un axente da Policía Local de Lugo fóra de servizo vira ao mencionado vehículo minutos antes do accidente realizando unha condución temeraria.

O equipo de Atestados localiza ao condutor, que se traslada á Xefatura da Policía Local, onde o axente da Garda Civil o identifica sen ningunha dúbida, presentando ademais unha lesión no nocello que se produce cando salta polo muro.

Por todo isto, é citado como investigado pola comisión de DOUS DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA. Un por conducir CARECENDO DE PERMISO e outro por unha CONDUCIÓN TEMERARIA CON MANIFESTO DESPREZO POLA VIDA DOS DEMAIS regulados nos artigos 384 e 381 respectivamente do código penal.

O titular do vehículo e pai do condutor é investigado tamén como colaborador necesario, citándose por Xuízo Rápido.

Intervencións por festas en interior de domicilios

  • Sobre as 5:50 horas do día 31 de marzo recíbense chamadas na Sala do 092 onde os veciños dun inmoble da rúa Pascual Veiga denuncian ruídos que proveñen dunha vivenda, que impide o descanso. Unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode ao lugar e comproba que hai música en ton moi alto e voces de persoas no interior, polo que se procede á identificación da responsable, sendo requirida para que cesen as molestias, levantándose acta de infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.
  •  Sobre as 23:47 horas do día 2 de abril, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acode a un edificio da rúa  Rei Don García xa que os veciños denuncian ruídos procedentes dunha vivenda. Os axentes atopan no portal do edificio a dous mozos que manifestan que veñen dunha festa que se está levando acabo nunha vivenda, sendo ambos os mozos identificados e denunciados por infracción á Lei de Saúde de Galicia, propoñéndose sanción de 500 euros para cada un. A continuación os policías acoden ao piso onde se estaba levando acabo a festa, identificando ao responsable, requiríndolle para que cesen as molestias, o que accede ao instante. Posteriormente ás 1:30 horas a patrulla policial é requirida de novo polos veciños de que continúan as molestias, polo que se levanta acta de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia, identificando a CATRO persoas que estaban a celebrar a festa e acta denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.
  •  Sobre as 0:30 horas do día 4 de abril unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edificio da Avenida das Américas xa que os veciños denuncian ruídos molestos que proveñen dunha vivenda. Os axentes escoitan actividade humana en ton alto, polo que se procede á identificación do responsable, levantándose acta de denuncia por infracción á normativa sanitaria da Xunta de Galicia e acta denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.
  •  Sobre as 23:35 horas do día 4 de abril, unha patrulla acode a un edificio da rúa do Prado xa que os veciños denuncian ruídos procedentes dunha vivenda. Os axentes desde a rúa Camiño Real xa escoitan volume moi elevado de música, percibíndose claramente as letras das cancións desde a vía pública, polo que se identifica á responsable, sendo requirida para que cesen as molestias, o que fai ao instante, levantándose acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.
  •  Sobre a 1:15 do día 5 de abril, acódese a un edificio da rúa Xoan Diego xa que os veciños denuncian ruídos nunha casa situada nunha leira. Identifícase ao responsable e proponse para sanción a varias persoas non conviventes, que participaban nunha festa, por incumprimentos á Lei de Saúde de Galicia.
  •  Ás 1:45 horas do mesmo día unha patrulla desprázase a un edificio da Praza de Alacante que os veciños denuncian ruídos que proveñen dunha vivenda que imposibilita o descanso. Identifícase a varias persoas non conviventes que participaban nunha festa e propóñense para sanción por infracción á Lei de Saúde de Galicia.

Auxilio a cidadáns

  • Sobre as 13:00 horas do día 31 de marzo unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta na rúa Camiño Real un home de 58 anos tirado na beirarrúa, presentando unha intoxicación etílicalica, polo que os axentes proporciónanlle os primeiros auxilios, requirindo unha ambulancia do 061 para o seu traslado ao HULA .
  • Sobre as 16:00 horas do día 31 de marzo unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a unha vivenda da Avenida da Coruña xa que unha persoa activara a alarma do servizo de teleasistencia de Cruz Vermella e non respondía o teléfono. A patrulla policial, co apoio dunha dotación de Bombeiros, acceden por unha xanela do patio que estaba aberta, descubrindo a unha muller de 70 anos tendida no chan, sendo trasladada por unha ambulancia do 061  ao HULA.
  • Sobre as 00:15 horas do día 2 de abril, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a unha vivenda da Avenida da Coruña para auxiliar a unha señora que está a pedir auxilio e non abre a porta da vivenda. Unha veciña manifesta aos axentes que a señora da vivenda padece unha enfermidade e gritaba o seu nome, polo que se sospeita que puidese estar tirada na vivenda, escoitando os axentes uns tímidos berros de auxilio. Os axentes, coa cooperación dunha dotación de Bombeiros, acceden á vivenda a través dunha xanela, observando que nunha das habitacións está unha señora tirada, de 70 anos de idade, coa manga dereita da bata de casa enganchada nun dos piares do cabeceiro inferior, boca abaixo e un pé estirado e encaixado na parte inferior do marco da porta, consciente, manifestando aos axentes que ten moita dor en brazos e pernas e que ten moito frío. Procédese a proporcionarlle os primeiros auxilios, requirindo unha ambulancia do 061 onde se trasladou a señora ao HULA para a súa atención médica.
  • Sobre as 19:30 horas do día 2 de abril unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio detecta na Praza Maior unha muller de 48 anos que está baixo os efectos dun brote psicótico. Os policías proporciónanlle os primeiros auxilios, requirindo a presenza dunha ambulancia do 061 onde é trasladada ao HULA.
  • Sobre as 20:43 horas do día 3 de abril, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio acode a unha vivenda da Avenida Fontiñas xa que a propietaria dunha vivenda e o seu can quedaran encerrados no balcón que dá á rúa. A muller manifestou que pechara a porta sen darse conta e que levaba dúas horas nesa situación, polo que os axentes procederon a entrar no piso e liberar á afectada e ao seu can.

Noticias relacionadas