A Chanca e o Parque Rosalía acollerán esta semana música en directo e espectáculos circenses dentro da programación da Capital da Cultura

O mércores ás 18:00 terá lugar a actuación familiar “Cuacac” que incluirá clown, danza ou malabares; e o xoves ás 21:00 o paseo do Rato acollerá o concerto de Sin tron ni son.

A axenda de actividades, deseñada polo Goberno de Lara Méndez, pretende completar a oferta cultural e de ocio do verán, tamén como atractivo turístico.

Toda a información pode atoparse na web www.lugocapitaldacultura.com

Luns, 07 de agosto de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Chanca e o Parque Rosalía acollerán esta semana música en directo e espectáculos circenses dentro da programación da Capital da Cultura

Esta semana continúa a programación cultural e de ocio deseñada polo Goberno de Lara Méndez, no marco da Capital da Cultura do Eixo Atlántico, para a tempada estival. Así, o parque Rosalía de Castro acollerá o mércores ás 18:00 horas a actuación familiar “Cuacac”, a cargo de N+1, que incluirá un espectáculo de clown, danza e malabares. Mentres que o xoves, no barrio da Chanca, terá lugar o concerto do grupo Sin tron ni son, a partir das 21:00 horas.

O executivo municipal promove este mes de agosto concertos en directo e espectáculos circenses todas as tardes dos mércores e xoves no marco da programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico. Deste xeito, os mércores o circo será o protagonista en diversas prazas e zonas da capital; mentres que os xoves o barrio da Chanca acollerá música en vivo de diferentes artistas galegos e portugueses.

Todas as citas son totalmente gratuítas e abertas ao público. “Queremos ofrecer a lucenses e visitantes unha oferta lúdica e de lecer ampla e variada neste verán, ao tempo que achegamos toda a riqueza cultural de Galicia e Portugal”, lembrou Lara Méndez, quen apuntou que “este ano conmemoramos o 150 aniversario da construción do viaduto da Chanca e que mellor forma de facelo que concentrando neste barrio boa parte das actividades para convidar á cidadanía a visitalo, tendo como reclamo o atractivo destas actuacións”.

Toda a información sobre o calendario de actividades de agosto e o resto da programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico, como datas ou horarios, pode atoparse na páxina web www.lugocapitaldacultura.com

Programación de TítereCirco (18:00 horas)

  • Día 9.- Cuacac (clown, danza, malabares e aéreos). Parque Rosalía de Castro.
  • Día 16.- Coa música a outra parte (guiñol). Praza do Castiñeiro.
  • Día 23.- Nougat (clown). Parque da Milagrosa.
  • Día 30.- Marionetas musicais (marionetas). Zona fluvial.
  • Aprazado (pendente de  nova data).- Circo Galaico (marionetas). Praza Augas Férreas.

Programación de concertos na Chanca (21:00 horas)

  • Día 10.- Sin tron ni son
  • Día 17.- Big Band Theory
  • Día 24.- Superglú
  • Día 31.- Alda Várez & Richi Ponce

Multimedia

  • A Chanca e o Parque Rosalía acollerán esta semana música en directo e espectáculos circenses dentro da programación da Capital da Cultura
  • A Chanca e o Parque Rosalía acollerán esta semana música en directo e espectáculos circenses dentro da programación da Capital da Cultura

Noticias relacionadas