A área de Medio Ambiente acondiciona as parcelas e vías municipais de San Fiz e Montirón

Esta semana o dispositivo, reforzado en xullo cun novo tractor, desenvolve tamén actuacións na zona de A Croa e no Campo da Feira de Nadela

Xoves, 23 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Medio Ambiente acondiciona as parcelas e vías municipais de San Fiz e Montirón

A área de Medio Ambiente executa estes días a roza das parcelas e vías municipais de San Fiz e Montirón e, neste mesmo enclave, procedeuse a limpar tamén a estrada Virxe da Esperanza que comunica o barrio co paseo do Rato.

“Actualmente estanse a acondicionar aqueles terreos públicos nos que a maleza creceu indiscriminadamente durante a primavera e nos que non se puido intervir antes por mor das limitacións que impuxo, durante tres meses, o Estado de Alarma”, sinalou o concelleiro.

Álvaro Santos indicou que os labores, que consisten na eliminación da vexetación, a sega da herba e o aseo dos predios, foron planificados semanas atrás co fin de complementar os traballos habituais do servizo, comezando por aqueles espazos nos que urxía, en maior medida, a súa conservación.

O edil lembrou que, para levalos a cabo, este mes incorporouse un novo tractor que, coa axuda de dous operarios, posibilitará a súa actuación simultánea en varios puntos do termo municipal nos que, “primeiro se actuará coa maquinaria e logo o persoal completará o acondicionamento do perímetro dos soares, de forma que as brigadas no cheguen nunca a coincidir para evitar riscos”, engadiu.

Santos Ramos referiu que o Concello efectúa un mantemento permanente, de luns a sábado e, “así, nas últimas semanas o operativo de roza, que actualmente se atopa na Croa e o Campo da Feira de Nadela, pasou pola Cheda, Paradai, Albeiros, Aceña de Olga, Augas Férreas, Avenida de Madrid, Volta da Viña e seguirá polo Castiñeiro, a Piringalla e as baixadas ata a N- VI”, adiantou.

Por outra banda, o concelleiro de Medio Ambiente advertiu tamén que, dende a súa área e, de forma simultánea, continuarán a emitirse ordes de execución contra os titulres daquelas propiedades privadas que presenten un estado deficitario de mantemento e ocasionen un prexuízo á cidadanía, instando a corrixir a situación. “Avisos que se reiterarán se é necesario e se acompañarán das correspondentes sancións”, concluíu.

Audio

  • O edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, sobre a roza en San Fiz e Montirón | Descargar mp3

Multimedia

  • A área de Medio Ambiente acondiciona as parcelas e vías municipais de San Fiz e Montirón

Noticias relacionadas