A alcaldesa Paula Alvarellos comunica á veciñanza da zona centro que se manterá a actual configuración de Santo Domingo

A rexedora mantivo xa a súa primeira reunión de traballo coa Asociación de Veciños na que informou do avance das obras de peonalización intramurallas.

Esta noite, a partir das 21 horas, comezarán os traballos de reparación do firme en Rúa Nova e San Marcos que estarán rematdos a primeira hora da madrugada.

Alvarellos Fondo comunicou ao colectivo que o Concello empezará a notificar de oficio aos residentes para que poidan confirmar os seus datos e abrirá un prazo para rexistrar novos usuarios dentro dunha fase de probas do sistema de control de accesos.

Martes, 30 de xaneiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa Paula Alvarellos comunica á veciñanza da zona centro que se manterá a actual configuración de Santo Domingo

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mantivo xa a súa primeira reunión de traballo coa Asociación de Veciños Centro de Lugo na que informou do avance das obras de peonalización intramurallas. A rexedora, acompañada por técnicos municipais, trasladou aos veciños e veciñas que se manterá a actual configuración de Santo Domingo, xa que o estudo de carga encargado polo Concello non ve recomendable que o tráfico circule pola outra marxe da praza, fronte ao convento de San Domingos. “Isto fai posible que, no novo deseño que se realice agora tendo en conta ese aspecto, poida manterse a actual configuración de zonas verdes e conservarse o arboredo existente neste punto, ao que se suman outros pequenos espazos axardinados de nova creación previstos no proxecto”, sinalou a alcaldesa. Ademais, Alvarellos Fondo tivo en conta a demanda do colectivo e conservará a fonte situada nas inmediacións.

En relación á regulación do tráfico dentro de murallas, a rexedora adiantou aos representantes veciñais que nos próximos días publicarase un bando lembrando as limitacións de circulación, o peso máximo de vehículos autorizados (5.500 quilos), así como o horario e as zonas habilitadas para a carga e descarga (Santo Domingo, Armanyá, Soidade, Pío XII e Campo Castelo, así como rúas Nova, Luis Peña Novo, Fernando Casas Novoa e Tinería. Desde as 7 horas ás 11 horas e de 15:30 a 17:30 horas, en quenda de tarde). Neste sentido, Alvarellos destacou que se porá en marcha un dispositivo especial de vixilancia por parte da Policía local para controlar que esta normativa cúmprase, o que non exime que en casos extraordinarios, e cos permisos oportunos, poidan acceder vehículos de maior envergadura con encomendas especiais.

De forma paralela, o Concello iniciairá nas próximas semanas unha fase de probas do sistema de control de acceso que terá unha duración de 6 meses, co obxectivo de que estea 100% operativo unha vez concluídas as obras. Para iso, e coa intención de causar o menor trastorno posible aos veciños e veciñas, o Concello empregará os datos xa existente nas bases municipais para cursar, de oficio, unha carta a todos as persoas residentes con vehículos ao seu nome. Ademais prevese establecer dous puntos de atención presencial, tanto na Oficina de Mobilidade de San Fiz como no Edificio de Novas Tecnoloxías, para que as e os residentes poidan confirmar ou modificar eses datos e realizar as consultas que consideren oportunas en relación ao sistema de acceso. Así mesmo, estes dous puntos administrativos servirán tamén para canalizar as solicitudes dos novos usuarios e usaurias e así incorporar os seus datos a ese censo.

Arranxo do firme en Rúa Nova e San Marcos

Durante o encontro, a alcaldesa tamén informou os representantes da asociación que esta mesma tarde, a partir das 21 horas, acometeranse os traballos de reparación do firme en Rúa Nova e San Marcos, que quedarán rematados a primeira hora da próxima madrugada. Esta intervención provisional, que se realizará atendendo todas as suxestións propostas pola veciñanza e que busca mellorar a seguridade durante a execución do proxecto Corazón Verde, contempla o nivelado da capa de rodadura con formigón rápido que será cuberto con chapas de ferro durante un período 48 horas en ambas as rúas para garantir o seu correcto forxado.

Primeiro actuarase en Rúa Nova, polo que mentres duren os labores, o tráfico na zona centro será de entrada por Monevideo cara Bolaño Rivadeneira e San Marcos con saída pola rúa Teatro. Posteriormente, cando se actúe San Marcos, habilitarase dous accesos: un por Montevideo cara Bolaño Ribadeniera, onde se restrinxe o estacionamento xa que funcionará en dobre sentido durante un breve período de tempo, con saída por Rúa Nova;  e  outro por rúa Teatro, con saída pola mesma vía. A Policía local rgulará o tráfico en ambas localizacións a través dun operativo especial que contará 3 indicativos despregados de forma exclusiva para esta tarefa.

Ademais de reunirse coa asociación de veciños Centro de Lugo, a alcaldesa Paula Alvarellos fixo traslado de todas estas melloras á entidade Lugo Monumental.

Multimedia

  • A alcaldesa Paula Alvarellos comunica á veciñanza da zona centro que se manterá a actual configuración de Santo Domingo

Noticias relacionadas