A alcaldesa de Lugo enxalza o potencial do circuíto municipal Jorge Prado como reclamo local no ámbito deportivo

A rexedora asiste como espectadora, esta fin de semana, ás probas do Campionato de España de Motocross que se celebra na nova dotación lucense.

Lara Méndez subliñou o poder de convocatoria da competición e agradeceu o labor desenvolvido pola organización e o persoal do Concello “para que o evento sexa un éxito, en todos os sentidos”.

Domingo, 26 de febreiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo enxalza o potencial do circuíto municipal Jorge Prado como reclamo local no ámbito deportivo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acudiu esta mañá á celebración das probas do Campionato de España de Motocross que se disputan no circuíto municipal Jorge Prado.

A rexedora valorou moi positivamente o “altísimo poder de convocatoria que acadou a competición e enxalzou o potencial das instalacións como reclamo local no ámbito deportivo pola capacidade e o atractivo que o recinto ten como dotación de primeiro nivel tal e como o propio piloto lucense recoñeceu onte durante a recepción oficial que lle fixemos no Concello”.

Méndez destacou tamén o labor desenvolvido polo persoal da organización e dos diferentes servizos municipiais implicados no desenvolvemento da proba, como son a área de Deportes, os efectivos de Policía Local, Bombeiros, Protección Civil ou de limpeza, “todos eles coordinados nun operativo que ten como principal obxectivo garantir a seguridade e o benestar de todas as persoas asistentes e participantes ao evento”.

A alcaldesa quixo aproveitar, ademais, para convidar á poboación a coñecer o circuíto - que foi acondicionado ao efecto – así como a gozar durante toda a fin de semana do ambiente que se xera en torno á competición.

Multimedia

  • A alcaldesa de Lugo enxalza o potencial do circuíto municipal Jorge Prado como reclamo local no ámbito deportivo

Noticias relacionadas