A Alcaldesa dá conta dos avances do EDUSI á Corporación

Mércores, 20 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa dá conta dos avances do EDUSI á Corporación

En cumprimento dun acordo plenario, a Alcaldesa, Lara Méndez, convocou este mércores a comisión de seguimento do EDUSI, o proxecto Muramiñae, da Muralla ao Miño, que, cunha orzamento de 12,5 millóns de euros, conseguiu o Goberno local para unir a cidade e o río. Na sesión, a rexedora deu conta aos grupos políticos da Corporación dos avances do programa, esto é, a adxudicación da redacción dos seis primeiros proxectos: a reforma da Volta da Viña, a construción dunha pasarela peonil ao campo de fútbol, a prolongación do paso subterráneo baixo a N-VI, a posta en valor do patrimonio do Carme, a descontaminación dos solos deste barrio e a creación de 16 quilómetros de carrís bici.

A Alcaldesa presidirá a comisión, que ten como vicepresidente ao voceiro municipal, Miguel Fernández, e da que forman parte a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, tres edís do PP, e un por cada un dos restantes grupos: Lugonovo, BNG, Ciudadanos e ACE. 

Noticias relacionadas