A Alcaldesa colabora na iniciativa solidaria do Colexio Franciscanos para adquirir un desfibrilador para o centro

Venres, 31 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, colaborou este venres na iniciativa solidaria que está a levar a cabo a comunidade educativa do Colexio Franciscanos coa finalidade de mercar un desfibrilidor para este centro educativo. Para elo, están a vender pulseiras, a un prezo de 3 euros, para conseguir recadar o diñeiro necesario para adquirir dito disfibrilador, 2.400 euros, ou o que é o mesmo, 800 pulseiras. Entre o luns e martes xa venderon 400 pulseiras e hoxe puxéronse á venda as outras 400 pulseiras restantes.

Todos os membros da comunidade escolar están a participar activamente nesta iniciativa, dende o alumnado, ata os mestres e mestras, así como os pais e nais. Nesta campaña colabora tamén o colectivo de Transporte Sanitario en Ambulancia (Salutrans).

Noticias relacionadas