Lara Méndez compartía esta mañá unha parte da súa xornada como alcaldesa da cidade co alumnado do CEIP Salesianos.
Ás 11:45 horas da mañá a Brigada de Augas deixaba reparada a fuga, detectada este sábado na Avenida Marqués de Ombreiro logo de que os operarios municipais comezaran a traballar a primera hora do día na resolución desta avaría.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibía hoxe no Salón de Plenos a 10 alumnas e alumnos e dous profesores procedentes da localidade austriaca de Perchtoldsdorf, ao que estes días se atopan facendo un intercambio no IES Virxe dos Ollos Grandes.
Liberata Rolán ten 95 anos. Chegou a Lugo dende Alemania en 1982 e, dende entón, residiu sempre no Sagrado Corazón.
O Centro Europe Direct do Concello de Lugo colabora co Punto Europeo de Cidadanía, para organizar unha xornada informativa sobre as convocatorias actualmente abertas do programa Europa cos Cidadáns, terá lugar o próximo 21 de xaneiro no Cei Nodus.
O concelleiro de Educación, Felipe Rivas, indicou que continuará traballando para que a Xunta de Galiza asuma a xestión das 4 garderías municipais.
O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciaron en rolda de prensa que a concellería de Educación contactará coa Xunta de Galiza “para que asuma a xestión das Escolas Infantís Municipais”.
O edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, indicou que a Mesa de Contratación está a estudar as 27 propostas que chegaron para a realizar o pintado da sinalización horizontal da cidade.
O edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que durante a mañá de hoxe tivo lugar a mesa de contratación que aprobou a licitación das actuacións para a peonalización da rúa Quiroga Ballesteros entre a rúa Montevideo e a praza de Santo Domingo.
O persoal municipal designado pola concellería de infraestruturas urbanas recibirá a formación necesaria sobre o funcionamento e manexo dos equipamentos do Novo Auditorio.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 126
- 127
- 128
- 129
- 130
- 131
- 132
- 133
- 134
- …
- seguinte ›
- última »