O Punto Europeo de Cidadanía, en colaboración co Centro Europe Direct do Concello de Lugo, organizarán unha xornada informativa sobre as convocatorias actualmente abertas do programa Europa cos Cidadáns
A actividade é gratuíta. A inscrición pode realizarse a través desta ligazón ata o día 20 de xaneiro
- Tema
O Centro Europe Direct do Concello de Lugo colabora co Punto Europeo de Cidadanía, para organizar unha xornada informativa sobre as convocatorias actualmente abertas do programa Europa cos Cidadáns, terá lugar o próximo 21 de xaneiro no Cei Nodus. Programa da Comisión Europea destinado a promover o sentimento de pertenza á Unión Europea e a fomentar a participación cidadá na vida democrática. Aspectos que xogan un papel destacado no proceso de construción europea e que gañaron peso ao longo dos anos, converténdose en elementos crave para o desenvolvemento sustentable e a cohesión social e, por tanto, para o desenvolvemento territorial.
A xornada está destinada a convidar á presentación de propostas aos potenciais destinatarios do programa: corporacións locais e rexionais, asociacións, fundacións, Ong e outras entidades sen ánimo de lucro.
A actividade é gratuíta. A inscrición pode realizarse ata o luns 20 de xaneiro dende xa a través desta ligazón.
Europa cos Cidadáns, financia proxectos de dimensión europea relacionados coas seguintes liñas e convocatorias:
- Memoria histórica europea: apoia actividades que promovan a reflexión e o coñecemento sobre os fitos da historia recente europea
- Irmandamento de cidades: apoia a proxectos que reúnan a ampla gama de cidadáns de cidades hermanadas para tratar temas específicos de interese europeo e en relación coa axenda política europea
- Redes de cidades: financia proxectos multilaterais de irmandamentos e redes para desenvolver unha cooperación temática e a longo prazo ao redor de temas de interese común
- Proxectos da sociedade civil: liderados por organizacións da sociedade civil, que inclúan actividades de voluntariado, recollidas de opinións dos cidadáns ou actividades para fomentar o debate entre os cidadáns da UE
Máis info
- Folleto da xornada do "Programa Europa cos Cidadáns" | Descargar pdf