Lara Méndez recibe no Concello ao alumnado austriaco de Perchtoldsdorf que estes días se atopa de intercambio no IES Virxe dos Ollos Grandes

Luns, 20 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez recibe no Concello ao alumnado austriaco de Perchtoldsdorf que estes días se atopa de intercambio no IES Virxe dos Ollos Grandes

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibía hoxe no Salón de Plenos a 10 alumnas e alumnos e dous profesores procedentes da localidade austriaca de Perchtoldsdorf, ao que estes días se atopan facendo un intercambio no IES Virxe dos Ollos Grandes.

Durante o encontro, ao que tamén asistiron outros dez estudantes do centro lucense, a rexedora aproveitou para explicarlles o funcionamento e organización da administración local así como outras características demográficas e sociais de interese do municipio.

Multimedia

  • Lara Méndez recibe no Concello ao alumnado austriaco de Perchtoldsdorf que estes días se atopa de intercambio no IES Virxe dos Ollos Grandes

Noticias relacionadas