A alcaldesa Lara Méndez traslada os valores de convivencia e civismo ao alumnado do CEIP Salesianos

Martes, 21 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa Lara Méndez traslada os valores de convivencia e civismo ao alumnado do CEIP Salesianos

Lara Méndez compartía esta mañá unha parte da súa xornada como alcaldesa da cidade co alumnado do CEIP Salesianos.

A rexedora de Lugo, convidada pola dirección do centro, trasladou ao estudantado deste colexio os valores de convivencia e civismo, e destacou a importancia de que xa desde cativos os nenos e nenas aprendan que “cada persoa, desde o noso ámbito, podemos aportar o noso graniño de area para facer do noso municipio un lugar mellor para vivir e convivir, ás veces con xestos sinxelos coidando o medio ambiente, axudando ao nosos amigos ou recollendo o que tiramos ao chan”.

Méndez dixo que ao igual que eles se están a formar na súa aprendizaxe escolar, e tamén como cidadáns, “nós, os maiores, tamén estamos a aprender de vós cada día”.

Noticias relacionadas