Máis do 90% das incidencias comunicadas a través do servizo Liña Verde, que emprega as novas tecnoloxías para a resolución de consultas medioambientias e a comunicación de calquera tipo de incidencias no equipamento urbán do municipio, foron solucionadas polo Concello dende a súa posta en marcha,
O Concello de Lugo súmase unha vez máis á Hora do Planeta, e mañá sábado, 19 de marzo, comprométese a apagar as luces correspondentes ao alumedado público da Muralla de Lugo, a Catedral, a Fonte do Rei e a da Matrona e a do edificio da Casa Consistorial, dende as 20:30 ás 21:30 horas, si
O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, acompañado dunha ducia de veciños e veciñas, supervisou as actuacións de mellora que o Concello está a acometer en Bazar co fin de restaurar o lavadoiro desta parroquia e recuperar así este recurso tradicional.
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, e a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, visitaron este sábado a mesa informativa instalada pola asociación querENDO Mulleres con Endometriose
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Presidente da Deputación, Darío Campos, mantiveron este sábado un encontro co Presidente da Confederación Galega de Asociacións Veciñais (COGAVE), Eladio Fernández, e o seu representante en Lugo, José Manuel Carballo, no Pazo de San Marcos,
O Concello de Lugo traballa na implantación da administración electrónica, de forma que os lucenses poidan gañar rapidez e comodidade á hora de resolver as súas xestións.
O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, e o presidente da Asociación Cultural Xaquedrum, Pablo Castro, presentaron este mércores os novos cadernos de xadrez para os nenos e nenas dos centros educativos públicos do municipio.
O Centro de Convivencia Sagrado Corazón acollerá este mércores unha charla sobre a diabetes, unha enfermidade que padecen máis de 347 millóns de persoas no mundo e que se prevé que se converta no ano 2030 na sétima causa de morte, segundo a Organización Mundial da Saúde.
A Xunta de Goberno acordou este mércores adxudicar o servizo de mantemento dos equipos informáticos do Concello á mercantil lucense Dimoda Fermonti S.L, por un importe total anual de 42.000 euros.
A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX) presentou esta mañá na Deputación de Lugo o seu XVIII Congreso que se vai celebrar no devandito Pazo de San Marcos os vindeiros 22 e 23 de abril.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- …
- seguinte ›
- última »