González Abelleira e Prieto Nieto visitan a mesa informativa sobre a endometriose, unha doenza que afecta a 60.000 galegas

Sábado, 12 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
González Abelleira e Prieto Nieto visitan a mesa informativa sobre a endometriose, unha doenza que afecta a 60.000 galegas

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, e a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, visitaron este sábado a mesa informativa instalada pola asociación querENDO Mulleres con Endometriose na Praza Maior sobre esta doenza que afecta a 60.000 mulleres galegas. A asociación instalou esta mesa en Lugo para darlle visibilidade a esta enfermidade e reivindicar a súa investigación, baixo o lema Non é normal!

Noticias relacionadas