Adxudicado o mantemento dos equipos informáticos do Concello por 42.000 euros

A Xunta de Goberno aceptou a cesión dunha franxa de terreo, dunha superficie de 9 metros cadrados en Castelo, para ser integrada na vía pública municipal

Mércores, 02 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Adxudicado o mantemento dos equipos informáticos do Concello por 42.000 euros

A Xunta de Goberno acordou este mércores adxudicar o servizo de mantemento dos equipos informáticos do Concello á mercantil lucense Dimoda Fermonti S.L, por un importe total anual de 42.000 euros. Así o anunciou o voceiro municipal, Miguel Fernández, quen avanzou que a duración do contrato será de dous anos, prorrogables por outro ano máis, e que a empresa ofertou a cantidade económica anual de 11.000 euros para a adquisición de pezas a maiores do mínimo, que eran 4.000 euros, segundo se recollía nos pregos.

Tal e como deu a coñecer Fernández, a adxudicataria ocuparase do mantemento de ordenadores e software, recambio de pezas, substitución de ordenadores mentres se reparan, inventariado dos equipos, revisión cada 6 meses e informe mensual de asistencia técnica, entre outras cuestións. 

O servizo prestarase de luns a venres, en horario de 08:00 a 15:00 e de 16:00 a 20:00, por medio dun teléfono de notificación ou unha aplicación web de notificación e xestión de incidencias, desprazándose ao Concello sempre que sexa necesario.

Cesión terreo

Na sesión deste mércores, a Xunta de Goberno aceptou a cesión dunha franxa de terreo, dunha superficie de 9 metros cadrados en Castelo, para ser integrada na vía pública municipal. 

Audio

  • Miguel Fernández, sobre a adxudicación do mantemento dos equipos informáticos do Concello |Descargar mp3

Noticias relacionadas